Home  
 
 
 
 

Enrique Novoa, portavoz do GM do Partido Popular

 
  Entre críticas, cuestionamentos varios e dudas dabondo, os populares rexeitan os Orzamentos do Concello de Ourense de este 2008 a piques de ser aprobados inicialmente, e anunciaron a presentación dunha batería de enmendas coronadas por unha a totalidade. Para os de Enrique Novoa, os créditos non están garantizados, as operacións crediticias adolecen do visto bo do órgano de tutela da Xunta, non se adica o 50% a vivenda de protección pública e hai demasiadas "denominacións xenéricas" nos Orzamentos. E logo está tamén o informe do Interventor.
 
 
O PP no Concello de Ourense anuncia unha enmenda á totalidade dos Orzamentos que pide que se retiren "para un mellor estudo"
9 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

"Os créditos consignados non semellan suficientemente garantizados, non estando nalgún caso coma nas previsións de ingresos pola nomeada xestión activa de ingresos, que non é respaldada polo informe de ningún técnico,  nin por datos históricos dos servizos de recaudación". Así se expresa o Partido Popular no primeiro dos cinco puntos no que sustentan a enmenda a totalidade que presentan aos Orzamentos do 2008 do Concello de Ourense. Por poñer un exemplo -engaden no seu escrito os de Poly Novoa-, "presupóstanse ingresos por multas de tráfico cun 200% de incremento, pasando de 316.356,00 euros no ano 2007 a 971.200,00 euros neste ano, sendo imposible este incremento xa que habería que triplicar o numero de sancións, malia co actual nivel de efectivos disponibles esto é imposible". Polo que o Grupo do PP recomenta que se pida ao respecto o corresponden informe da xefatura da Policía Local.

O segundo dos argumentos da actuación principal en materia de enmendas que este venres presentou o Grupo do Partido Popular no Concello de Ourense, refírse á operación crediticia con destino ó financiamento de investimentos, por importe de 3.539.033,00€. Os populares sinalan que se fai "incumprindo o Plan Económico Financiero aprobado polo Pleno do concello no ano 2006 e sin a correspondente autorización administrativa do órgano de tutela financeira da Xunta de Galicia".
Refírense tamén aos ingresos de 5.886206,00€ que integran o Patrimonio municipal do solo, ao respecto do que argumentan que "non se dedican nun 50% a vivenda de protección pública como indica a normativa autonómica, dedicando unicamente 687.778€ nunha partida total de 230.4327.62204 euros".

Así mesmo, os de Enrique Novoa protestan a "utilización de denominacións xenéricas, que agudizouse neste presuposto aparecendo na memoria de Alcaldía actuacións que logo non teñen traslado expreso no orzamento", o que máis adiante impedirá a axeitada  comprobación do mesmo e o establecemento de alternativas por parte da oposición a través de emendas, argumenta o Grupo oposición no Concello de Ourense.

Por último refírese a enmenda a totalidad á intervención municipal, sobor do que escuetamente reflicten que "fai unha advertencia de ilegalidade no apartado de conclusións do seu informe preceptivo".

Outras enmendas

Xunto a esta enmenda a totalidade aos Orzamentos de 2008, os populares anunciaron outras que conforman un paquete de ata cinco, entre as que figuran unha específica para o Servicio Municipal de Deportes.
Neste caso os populares plantexan minorar unha partida que de refire a  “Investimentos en infraestruturas deportivas” na contía de 300.000 euros, que se adicarían a realización de vestiarios no Campo de Fútbol de Covadonga (90.000 euros), obras de mellora no campo de fútbol de Velle (120.000 euros), e de melloras nos polideportivos da cidade (outros 90.000 euros).

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital