Home  
 
 
 
 

Roberto Garcia, secretario xeral de UU.AA.

 
  Para o secretario de Unións Agrarias non hai dúbidas de que a reforma da OCM será ventaxosa para as Denominacións de Orixe galegas. "Temos competencias e por tanto a Xunta debe elaborar programas e facelos operativos", sinalou no curso dunha xornada celebrada este venres en Ourense ao respecto, na que tomaron parte técnicos na materia, algúns do propio Ministerio de Agricultura.
 
 
O secretario xeral de Unións Agrarias asegura que coa nova OCM as denominacións de orixe galegas "sairán beneficiadas"  
9 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

“A reforma da OCM de Viño que entrará en vigor o día 1 de agosto deste ano é un instrumento que posibilitará que as Denominacións de Orixe sexan as máis beneficiadas. Temos competencias e por tanto a Xunta debe elaborar programas e facelos operativos”, salientou Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias, na rolda de prensa que tivo lugar ao remate da xornada informativa sobre a reforma da OCM de Viño que organizou o sindicato agrario este venres na capital ourensá. Para Unións Agrarias, a reforma da OCM non ofrece dúbidas de que será ventaxosa para os productores en xeral e de Galicia en particular.
Neste sentido, o Secretario Xeral de UU.AA. salientou que a nova OCM permite poñer en marcha medidas de axuda directa aos viticultores, a súa renda, pola crise que atravesan. Ao mesmo tempo, subliñou que co actual acordo España vai recibir o 31% dos cartos europeos, para logo decidir no sobre nacional que medidas priorizamos.

Na súa comparecencia, Roberto García sinalou que a nova OCM conta con elementos básicos. Un deles  é que as plantacións quedan sin liberalizar ata o ano 2018. En segundo lugar, referiuse ao arrinque voluntario ata as 175.000 hectáreas. Neste punto, o Secretario Xeral de Unións argumentou que o arrinque pode ser positivo si se fai fora das Denominacións de Orixe, que ocupan un 40%, pero logo queda un 60% de plantacións, a maioría de persoas de máis de 55 anos, que poden abandonar os dereitos e cobrar por elo.
Nese contexto, Roberto García tamén se referiu á importancia do establecemento dunha reserva ou banco de dereitos de plantación xestionado pola Xunta, coa finalidade de que logo os poida ceder.

Na comparecencia de prensa que se producíu a raiz desta xornada na que tomaron parte representantes do Ministerio de Agricultura, entre outros, tamén interviú Xosé Ramón González, secretario de Acción Sindical de Unións Agrarias, que defendeu o modelo da viticultura social, demandando medios propios que o fagan viable. Neste senso, manifestou que "desde a Organización  pediráselle á Consellería de Medio Rural medias de apoio ao pequeno viticultor, que garantan a súa supervivencia".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital