Home  
 
 
 
 

Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente

 
  A Xunta de Galicia anuncia unha inversión total de 977.500 euros para melloras das redes de abasatecemento e saneamento nos concellos de A Veiga e Esgos desta provincia. No primeiro as obras importarán 518.000 euros, mentras que en Esgos a dotación para mellorar estes servicios en oito núcleos de poboación totaliza os 450.500 euros.
 
 
O Consello da Xunta aprobou melloras nas redes de abastecemento e saneamento de Esgos e A Veiga  
8 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Os concellos de A Veiga e Esgos serán obxecto de sendos investimentos de casi un millón de euros por parte da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia en actuacións en materia de melloras nas redes de abastecemento e saneamento a pobos destes municipios. Así o acordou o Consello da Xunta deste xoves.

No caso de A Veiga executaránse dúas redes separativas de pluviais e saneamento, canalizando estas últimas á estación depuradora. Esta obra ten un orzamento de 518.000 eruos, e Medio Ambiente conta que con ela se contibuirá a mellorar o funcionamento das redes e da propia depuradora. A obra ten un prazo de execución de ano e medio, 18 meses.
A máis curto prazo se farán as que se proxectan en Esgos, 6 meses. Aquí o Consello da Xunta deu o visto bo a dous proxectos para dotar a sete núcleos de poboación de novos servizos de abastecemento e saneamento. A obra totalizará 459.500 euros, e consistirá na construcción das redes principais de saneamento á Pardeconde, Lobaces, Esgos e a conexión de Alto do Couso ata Cachamuiña; así como a dotación de abastecemento a Soutelo, Laioso, Lama e Tarreirigo.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital