Home  
 
 
 
 
  A entidade ecoloxista non ten claro que a Administración local vele pola saúde pública dos ourensáns xa que se están a presentar queixas pola cidadanía dende fai un mes polo mal cheiro e sabor que provoca a auga presuntamente potable de Ourense. Amigos da Terra denuncia, ademais, que as redes de distribución de auga da cidade son de fibrocemento, "un produto que as autoridades sanitarias consideran canceríxeno".
 
 
Amigos da Terra alerta de que as redes de distribución da auga en Ourense son de un produto que contén amianto  
8 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

"No último mes vense bombeando auga do encoro de Cachamuíña pola falta de auga do Miño. A iso, ademais, hai que engadir que a rede de abastecemento que presenta a cidade de Ourense rexistrou o ano pasado ata 400 reventóns e fugas pola mala situación na que se atopan as tubaxes da cidade", sinala nun comunicado Amigos da Terra ao respecto do suministro de auga á cidade de Ourense. Segundo Amigos da Terra, as redes de distribución de auga na cidade están construídas con fibrocemento, "un material que, entre outros compoñentes, contén amianto", sinala Amigos da Terra, o que está prohibido por lei. "Non é, a priori, un compoñente que poida influír na calidade da auga de consumo pero sí está descatalogado para a súa fabricación", aclara Amigos da Terra, que recomenda a súa retirada xa que "daría cumprimento a unha orde da Unión Europea, incluída tamén na lexislación española a través da Lei de Augas, para eliminar un produto que as autoridades sanitarias consideran canceríxeno".

Concello de Ourense e a empresa xestora da auga ourensá veñen de anunciar que intentaron levar a cabo diferentes negociacións para a renovación da rede de fornezo, sendo a Xunta de Galicia a que se encargue de financiar íntegrmaente este proxecto. Amigos da Terra acolle con satisfacción este anuncia, ao tempo que manifesta que agarda  "unha pronta solución ao problema das augas ourensáns".
Por último, Amigos da Terra lembra que existe unha sentenza xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que ratifica a ilegalidade da estación depuradora das augas residuais da cidade en Reza que, "perante a citada sentenza, aínda non ten asignados terreos de ubicación polo que a contaminación que provocan esas augas séguese a producir".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital