Home  
 
 
 
 
  O grupo municipal socialista do Concello de San Cibrao presentará, no vindeiro pleno, unha moción na que insta ao grupo de Goberno do Partido Popular a solicitar  a adhesión do concello á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Segundo os socialistas, "é unha ferramenta indispensable" para garantir que o desenrolo económico vaia da mán da mellor calidade de vida.
 
 
O PSOE pedirá que San Cibrao solicite a adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística  
7 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O portavoz socialista, Eladio Fernández, explica que “de todos é coñecido o rápido crecemento de San Cibrao. Nestes intres estanse a construír ou  en tramitación un número equivalente de vivendas similar ao que se fixo ao longo de toda a historia do municipio: ao rededor de 1.500 vivendas”.
Dende o Partido Socialistas consideran convinte que “este rápido crecemento se faga tendo en conta todas as garantías legais e de protección da natureza, para que as xeracións vindeiras poidan seguir tendo en San Cibrao, un concello onde o desenrolo económico vaia da mán da mellor calidade de vida”.
“Para  garantir o futuro de San Cibrao –continúa Fernández- temos unha ferramenta indispensable, sobre todo para os pequenos concellos. Unha ferramenta creada pola Xunta de Galicia : Axencia de  Protección da Legalidade Urbanística.  Creemos que iste Concello ten unha magnífica oportunidade para sumarse, como a maioría dos concellos de Galicia, a iste organismo autónomo, que axudará ao control da legalidade”.

Fernández explica que “se a señora alcaldesa non ten nada que ocultar, estamos seguros que San Cibrao se adherirá, porque calquera que se achegue ata aquí poderá ver as aberracións urbanísticas que se levan feitos neste municipio. Aberracións polas que o grupo socialista xa pediu explicacións e que, por suposto, as seguirá a pedir”.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital