Home  
 
 
 
 
  O Grupo do BNG denuncia o mal feitas que están varias obras que se levaron a cabo nas estradas de Pereiro de Aguiar. Que, para colmo, aínda se encareceron mais coas comidas que o Concello lle pagou aos operarios da Deputación por valor de 3.500 euros.
 
 
O BNG denuncia a carestía das obras feitas por operarios da Deputación aos que o Concello pagou 3.500 euros en comidas  
6 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O Grupo do BNG no Concello de Pereiro de Aguiar denuncia a situación na que se atopa o firme das estradas de varios pobos deste municipio, cales son os casos de A Derrasa e Lamela, así coma o feito de que as deficiencias xurdan nunhas obras que "resultaron moi caras", xa que o Concello pagou comidas aos operarios da Deputación por valor de 3.500 euros.
Segundo os concelleiros nacionalistas de Pereiro de Aguiar, "as obras realizadas no mes de novembro pasado están a ocasionar malestar polo mal remate das mesmas". Explican os concelleiros nacionalistas que o asfaltado e os áridos cos que se cubriu o firme "ficou levantado en canto chobeu, provocando a aparición de mais fochancos dos que había antes".
Deste xeito, "o tránsito de persoas e vhículos é mais dificultoso", sinalan os concelleiros do BNG Henrique García e Cristina Árias.

O asunto aínda reviste maior gravidade si se ten en contan que, ao decir dos concelleiros nacionalistas, "as obras resultaron encarrecidas a parte dos custes do man de obra e materiais, polas comidas que o Concello pagou aos operarios da Deptación", que supoñen unha cantidade aproximada de 3.500 euros, "pagados nun coñecido restaurante da localidade por catro días de traballo realizados".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital