Home  
 
 
 
 
 

Morto Don Carnal o Entroido xa non da máis de sí. Toca enterrar a sardiña (en non poucos sitios da provincia, aínda que non en todos), e agardar polo Domingo de Piñata alí onde a tradición o celebra. Este mércores será de pranto e loito por un Entroido que remata. Con él, os excesos ceden as privacións da Cuaresma que o releva.

 
 

Ourense: a Sardiña despídese pola cidade dende as 8:30 da tarde

 
6 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Doentes, plañideiras, choronas e canto bicho vivente se laie de semellante perda coma é a de Don Carnal, están convocados polo Concello de Ourense ás oito e media da tarde na Praza da Maior desta cidade. De aquí arrancará a esta hora o cortexo fúnebre da Sardiña, para recorrer Lamas Carvajal, Paseo, o Parque de San Lázaro e volta a Praza Maior por Santo Domingo, Lepanto, Juan de Austria, a Praza de Santa Eufemia e, outra vez, Lamas Carvajal.
Aó remate do percorrido na honra de Don Carnal, a Sardiña arderá na Praza Maior desta cidade e o Entroido terá morto por este ano.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital