Home  
 
 
 
 
  Xa son más de 400 as inscricións que contabilizan as IV Xornadas Municipais de Xardineria de Galicia que se celebrarán os días 22 e 23 deste mes en Ourense, no Auditorio Municipal. E aínda quedan días para facelo, xa que o prazo non remata até o 14 de febreiro.
 
 
Máis de 200 persoas xa se inscribiron nas IV Xornadas de Xardineria de Galicia que se celebrarán en Ourense  
5 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense lembra que ata o día 14 de febreiro está aberto o prazo de inscrición na IV edición das Xornadas Municipais de Xardinería de Galicia, que organiza este Concello, e que terán lugar no Auditorio Municipal os próximos días 22 e 23 de febreiro. Ata o de agora máis de 200 persoas realizaron a inscrición para participar nestas xornadas, dirixidas a profesionais, estudiantes e tamén aficionados que desexen coñecer as principais novidades do sector.

As xornadas teñen como finalidade divulgar a evolución actual da paisaxe e a xardinería, e os novos recursos para a práctica profesonal da xardinería privada e pública, en materia de proxectos, producción e comercialización de planta ornamental, técnicas de execución e xestión de parques e xardíns, entre outras materias. Os contidos desta cuarta edición das xornadas céntranse na importancia da compoñente social do xardín, como un espacio que é contido e continente de formas de expresión da sociedade

Tódolos interesados poden recibir máis información e realizar a inscrición na Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense, na Praza de San Martiño, nº 1, 1º, ou cubrir o formulario de inscrición que se pode obter na páxina web www.ourense.es, e envialo por correo electrónico, correo ou
fax á Concellería de Medio Ambiente.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital