Home  
 
 
 
 
  Laza dí adiós estre Martes ao Entroido. A xornada rematará dun xeito moi distinto a como comenza. Arderá pola mañá A Picota coa saída dos peliqueiros veteráns, pero ao remate da xornada instalarase na vila o loito por un Entroido que finará por este ano.
 
 
Laza: testa o burro, morre o Entroido e choran os peliqueiros  
5 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O testamento do burro é unha pasaxe única do peculiar Entroido de Laza, un episodio que se rememorará a tarde deste martes xusto antes de declarar ao Entroido deste ano morto, e os peliqueiros declararse en loito deica o ano que ven.
Eso será pola tarde, despois do tradicional tamén desfile das non menos peculiares e enxebres carrozas do Entroido de Laza. De seguido, como queda dito, ao caer da tarde terá lugar o Testamento do burro que marca tódolos anos o enterro do Entroido de Laza e que da paso ao loito dos peliqueiros.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital