Home  
 
 
 
 
  Dirixido ás asociacións de veciños de Ourense e ao público en xeral, o Concello de Ourense, a través da Concellería de Participación Cidadá, pon en marcha o Primeiro Ciclo de Conferencias Formativas sobre Sanidade.  Se trata de unha iniciativa para promocionar a saúde a base de informar e asesorar ao respecto, e nela están implicados profesionais da sanidade pública ourensá.
 
 
Concello e profesionais do SERGAS achegan a saúde aos barrios a través das asociacións veciñais  
2 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Esta é unha iniciativa de promoción da saúde que o Concello ofertou ás asociacións de veciños de Ourense, coa finalidade de achegar información e asesoramento acerca de diferentes temas relacionados coa saúde e fomentar hábitos de vida saudables. As charlas serán impartidas por profesionais do Sergas, e desenvolveranse en 15 asociacións de veciños que previamente o solicitaron, adicadas ós temas que elixiu cada asociación.
O ciclo consta de diferentes charlas, nas que se abordarán temas como a Dietética e Nutrición, que se impartirá en 8 asociacións, Información e Formación, en 7, Risco do Consumo excesivo de alcol, en 3, Coidado de pacentes, en 2, Educación Sexual, en 5, e Prevención de Riscos Laborais, noutras 5 asociacións.
En concreto, as charlas desenvolveranse nas asociacións de veciños Santa Cruz de Arrabaldo, O Polvorín, San Roque de Mende, Santa Olaia de Beiro, A Follateira, As Burgas, Os Rosais, O Barrio, Arranxar, As Termas, Virxe de Covadonga, e a asociación Queixumes dos Pinos.

O ciclo de charlas nace da colaboración co Concello de profesionais do Sergas, maioritariamente enfermeiros e enfermeiras que a maiores da súa actividade asistencial adicarán o seu tempo á educación sanitaria á comunidade mediante estas charlas. Entre os participantes estarán Leocadio Castells Conejero, Rosario Alonso Payo, Pilar Oviedo  González, María José Fernández del Estal, María Cándida Pérez Gonzalves, entre outros, que impartirán as charlas de xeito altruista e desinteresado.
Con esta iniciativa, Concello e técnicos sanitarios persiguen fomentar a prevención e a educación para a saúde, eliminar os comportamentos negativos e favorecer a adopción de hábitos de vida máis saudables, ó tempo que fomentar a participación cidadá nos asuntos relacionados coa saúde.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital