Home  
 
 
 
 
  A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible investirá 3.700.000 euros nas obras de saneamento das marxes do río Sil, nos treitos de Viloira, Viloval e  Veigamuíños, no concello de O Barco de Valdeorras. O Consello da Xunta aprobou este xoves pasado a colaboración económica e técnica entre a administración autonómica e o concello para executar o proxecto, que será financiado na súa totalidade pola consellería, a través da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH).
 
 
Medio Ambiente da Xunta saneará o Sil no Barco de Valdeorras eliminando os actuais vertidos ao río  
2 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Esta actuación ten como obxectivo solucionar as deficiencias existentes no saneamento no núcleo do Barco de Valdeorras, xa que na actualidade os vertidos ao Sil, tanto na zona de San Roque como na marxe esquerda do río, non están conectados coa estación depuradora (EDAR); e ademais a falla de aliviadoiros de crecidas fai que a depuradora non teña capacidade para tratar o gran volume de auga que se produce en época de choivas fortes.
As obras, que teñen un prazo de execución de ano e medio, consistirán na instalación de tres colectores, divididos á súa vez en varios treitos. Un dos colectores, estará ubicado en Rubiá e constará de tres treitos de tubo conectados coa rede municipal. Outro, sito na marxe esquerda do río, contará con catro tramos definidos, e, por último, instalarase un colector en Veigamuíños que incluirá tres aliviadoiros e dous bombeos. Finalmente contémplase a reposición dos servizos afectados polas obras .

O financiamento do proxecto distribuirase en dúas anualidades, a primeira con cargo aos orzamentos do presente ano, por importe de 1,2 millóns de euros; e a segunda contemplada nos orzamentos do 2009 por valor de 2,5 millóns de euros.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital