Home  
 
 
 
 
Delegados de Comisións Obreiras e CSI-CSIF e traballadores do Servicio de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, SPDCIF, concentráronse a partires das once da mañana ante a delegación provincial de Medio Rural de Ourense, ao igual que ocurreu no resto das capitais galegas. Os manifestantes criticaron tamén a actitude dos sindicatos UGT e CIG, aos que acusan de "formas máis propias dos esquiroles que de auténticos sindicatos de clase".
 
 
 
Os traballadores do lume movilizáronse en Ourense criticando tamén o doble xogo que practican UGT e CIG
2 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

A concentración de Ourense de delegados sindicais de CC.OO e CSI-CSIF e traballadores do lume rematou con críticas aos sindicatos UGT e CIG, aos que se lles pedíu públicamente "que deixen as boas palabras expresadas coa boca pequena cando coa boca grande e con altavoz actúan con formas máis propias dos esquiroles que de auténticos sindicatos de clase". Comisións Obreiras e CSIF fan un chamamento ás dúas organización sindicais cuestionadas polos traballadores, "para que se situen ao lado dos traballadores en vez de actuar de portavoces interesados e parapetos da Consellería".

A movilización deste venres supuxo a volta ás medidas de protesta do colectivo de 610 traballadores fixos-discontinuos da Xunta de Galicia, algo menos de 200 na provincia de Ourense, que piden á Medio Rural a súa inmediata incorporación as tarefas de Prevención dos incendios forestais. O representante de Comisiones Obreiras, Benxamín Vences, volveu a cuestionar o feito de que "mentras a Consellería ten a estes traballadores na casa, siguen a facer o seu traballo cós de empresas privadas como SEAGA", empresa a que se sigue cualificando de "chiringuito de Medio Rural".
Os delegados das organizacións sindicais convocantes desta medida fixeron patente que "seguiremos mantendo este tipo de medidas na defensa dos dereitos destes traballadores", ao que deixa aberta a posibilidade de novas movilizacións si Medio Rural non cambia de postura e incorpora aos traballadores.
Algo que de momento non só non ocurriu, senón que Medio Rural siquera respostou o escrito que neste sentido lle enviaron Comisións Obreiras e a CSIF o pasado día 11 de xaneiro.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital