Home  
 
 
 
 
  Como manda en Laza a tradición, a noite deste venres xa se prevé longa. Noite de folión que percorrerá os povos deste concello, despois de probar a bica branca, o xastré e o licor café, e cear o que se queira por 15 euros na Primeira Festa Gastronómica.
 
 
Noite de Folión este venres en Laza, despois de probar a bica branca e o licor café
1 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Despois de que as mulleres cenaran até ben entrada a mañá deste venres polo Xoves de Comadres, onte, os veciños de Laza están convidados, como manda a tradición, a degustala bica branca, o xastré e o licor café por bares e chiringuitos da vila de Laza. Así durante toda a tarde deste venres, nos previos das xornadas grandes de un dos entroidos de máis raíz dos da nosa provincia.
A partires das nove da noite terá lugar a Primeira Festa Gastronómica da cachucha, a bica branca, o xastré e o licor café. É decir, a excepción da cachucha, máis do mesmo. Esto será no Pavillón de Deportes de Laza, con entrada a 15 euros que da dereito a todo o que haxa de comer e, sobre todo, de beber.

Ao remate da cea, anúnciase o Gran Folión con saída dende O Toural con chocos, viño e fachós percorrendo as rúas de Cimadevila, O Castiñeiro, Barrio e A Roda. Xa na localidad de Cerdeiriña, producirase un reagrupamento dos efectivos do Folión, para sair en cara A Picota e Souteliño.
Os "Bombeiros de Bembibre" e a "Charanga Támega" animarán o cotarro.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital