Home  
 
 
 
 

Xosé Lois González, o pai de O Carrabouxo

 
  O Pregón do Entroido a cargo de O Carrabouxo, ainda que coa precisa colaboura do seu pai, Xosé Lois González, marcará o inicio do Entroido da capital ourensá. O acto terá lugar as nove da tarde, e será no Parque de San Lázaro, onde se ubica a tódalas horas do día o persoeiro ao que se rinde tributo este ano.
 
 
O pregón do Carrabouxo e o pai que o fixo enceta este venres o Entroido da capital ourensá
1 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O Pregón do Entroido marca as nove da tarde deste venres o inicio do Programa de Actos do Concellería de Cultura do Concello de Ourense do Entroido 2008. O acto será as nove da tarde no Parque de San Lázaro, onde se ubica o popular persoaxe de humor, O Carrabouxo, ao que este ano o Entroido do Concello quere homenaxear. No acto, O Carrabouxo contara coa precisa axuda do pai co fixo, Xose Lois González.
E coesto dase por encetado o programa de actividades, xa que a comitiva sairá a continuación para a Cea de Benvida ao Entroido que terá lugar as dez da noite no paseo central da Alameda do Concello. Custa 10 euros e o único requisito imprescindible para asistir e acudir disfrazado.

"Colle o teu disfraz favorito, envólvete en fantasía e sae polas rúas do Centro Histórico para bailar ao son das charangas nas pasarelas situadas polas prazas máis emblematicas da zona dos viños", recomendan dende a Concellería de Cultura e Festas do Concello de Ourense nada máis chegar as doce da noite.
Deste xeito ponse en marcha o Entroido de Ourense 2007 que non parará até chegado o vindeiro martes, Martes de Entroido, remate da festa de Don Carnal.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital