Home  
 
 
 
 
  Os interventores e apoderados do Partido Popular nas Municipales de maio do ano pasado, están convidados a unha cea-mitin coa que o PP de Ourense pretende engrasar a maquinaria para xa botala andar de cara as Xerais do 9 de marzo. Está prevista a asistencia de máis de 400 afiliados do partido, aos que con toda seguridad volverá a arengar adecuadamente o presidente dos pepés ourensáns, José Luis Baltar.
 
 
O PP abre a precampaña engrasando a maquinaria nunha cea-mitin
1 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Entre 400 e 450 persoas prevé xuntar o Partido Popular na cea-mitin deste venres a celebrar a partires das nove da tarde-noite nos locais de Aixiña, e coa que o presidente do partido en Ourense, José Luis Baltar, botará a andar a precampaña das Xerais do 9 de marzo próximo. Ademáis está previsto que falen Celso Delgado, cabeza de cartel ao Congreso, e Enrique Novoa, o ex alcalde e portavoz do Grupo Municipal do PP.

Especial mención nestes casos merecen sempre os apoderados e os interventores do partido. O PP ourensán invita especialmente os que exerceron como tales nas Municipais do ano pasado. Ademáis estarán presentes tamén os membros da xunta local do PP, así como, lóxicamente, as candidaturas ao Congreso e o Senado ao completo. Segundo o partido, "o acto inscríbese no calendario de actividades preelectorais que o PP ten previsto desenvolver na cidade de Ourense".

 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital