Home  
 
 
 
 
  Elena Espinosa e Pérez Touriño, cando menos segundo o previsto oficialmente para o acto, serán os únicos que falen no mitin de Rodríguez Zapatero. Eso sí, os preparativos do acto serán extensos e o principal recinto deportivo municipal da cidade xa non abre este venres.
 
 
O mitin de Zapatero pecha o Pabellón de Deportes de Os Remedios 12 horas antes do acto
1 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O mitin co que José Luis Rodríguez Zapatero abre os actos de precampaña en Galicia, pecha o Pabellón Municipal de Deportes de Os Remedios, a principal instalación deportiva da cidade, máis de doce horas antes de que teña lugar o acto. O recinto non abrirá todo o día, a pesar de que dende as 7 da mañá até as as 19:30 horas van máis de doce.

Elena Espinosa, candidata número un ao Congreso por Ourense e ministra de Agricultura, e o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, en principio serán os únicos que prologuen o mitin

de José Luis Rodríguez Zapatero da tarde de este venres en Ourense. O acto comenzá as sete e media da tarde.
Se trata do primeiro acto de precampaña do presidente do Goberno español en Galicia, anunciado xa fai días para este primeiro de febreiro.
O mitin terá lugar no Pabellón Municipal de Deportes de Os Remedios, recinto que xa anunciou coa debida antelación que non abrirá toda a xornada do venres debido ao acto.
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital