Home  
 
 
 
 
  O presidente da Xunta de Galicia e a conselleira de Política Territorial visitaron na mañá deste mércores o treito da Autovía AG-53, Ourense-Santiago, que vai desde Cea ate á capital ourensá. No transcurso da visita, Pérez Touriño se reafirmou en que o vial estará completamente rematado o ano que ven, 2009, "contribuíndo ao reequilibrio territorial cun investimento de 130 millóns de euros". Ademáis Pérez Touriño marcou o horizonte do 2012 para as comunicacións con Portugal por Chaves.
 
 
Touriño ratifica que o último treito da autovía libre de peaxe con Santiago estará rematado o ano que ven  
31 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e a conselleira de Política Territorial, María José Caride, visitaron este mércores as obras do treito Cea-A52 da chamada "autovía libre de peaxe AG-53 Dozón-Ourense". É o último treito da autovía de titularidade autonómica de 31 quilómetros na que o goberno galego está a investir máis de 130 millóns de euros. Segundo as valoracións técnicas aportadas, a nova autovía disminuirá nun 10% a lonxitude do percorrido entre Dozón e Ourense, e suporá un aforro de tempo duns 30 minutos.
Os catro carrís, dous en cada sentido, están repartidos en dúas calzadas de 11,25 metros de ancho cada unha separadas por unha mediana de 3 metros, e ao longo dos 13 quilómetros que totaliza este último treito da autovía, dispón de enlaces completos en Maside e á A-52, a Autovía "Rías Baixas". Totaliza o treito 4 viaductos, 5 pasos superiores e 11 inferiores.

O presidente da Xunta de Galicia ratificou, así mesmo, o carácter grautito deste novo tramo de autovía, para "garantir a cohesión e o reequilibrio territorial, favorecendo o desenvolvemento económico e social da provincia de Ourense dentro da cal as estructuras xogarán un papel esencial de cara ao futuro". Segundo Presidencia da Xunta, "a mobilidade dos ourensáns verase mellorada coa modificación dos enlaces previstos en Maside e Piñor".

Máis infraestructuras

Así mesmo, o presidente da Xunta, aínda sen afondar nas caracteristicas das obras nin desglosar plazos por tramos, anunciou que no 2012 estará rematada a conexión con Porgual por Verín e Chaves, e neste mesmo ano a autovía que enlazará entre Ourense e Lugo. Neste caso, anunciou Pérez Touriño que as obras desta autovía comenzarán este mesmo ano.

Volver atras
Imprimir Página
 
  Emilio Pérez Touriño
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital