Home  
 
 
 
 

Ánxela Bugallo

 
  "Dentro de tres ou catro anos estaremos orgullosos desta cidade", sentenciou o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Alexandre Sánchez Vidal, no transcurso da visita da conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. Concelleiro e conselleira repasaron os proxectos que atinxen a declaración de Ben de Interés Cultural, BIC, da zona de As Burgas, así como outras actuacións que a conselleiro adiantou para o Liceo e a Catedral ourensá.
 
 
Ánxela Bugallo anuncia que en 2008 estarán totalmente redactado o Plan Especial que desenrolará a zona BIC da cidade
31 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

En realidade a da mañá deste mércores foi unha nova toma de contacto cos proxectos e as previsións da Consellería de Cultura para a zona de As Burgas da capital ourensá a raíz da súa declaración de Ben de Interés Cultural, BIC. Anxela Bugallo anunciou que neste 2088 estará totalmente redactado o Plan Especial que diseñan os técnicos da Consellería de Cultura e os do Concello de Ourense para esta zona. Segundo Bugallo, "a finais de 2008 os proxectos estarán elaborados para que exista unha referencia poisitva da zona e do seu entorno". Agora mesmo, segundo expresaron a conselleira e o tenente de alcalde do Concello de Ourense, estase a traballar nos pregos de condicións que "serán supervisados por unha comisión mixta de técnicos", e que, se insitiu, estarán redactados no decurso deste ano.
En calquera caso, recalcou Sánchez Vidal, a zona posúe espazos con diversas peculiaridades, cal é o caso da Praza de Abastos, onde destacou o tenente de alcalde e concelleiro de Termalismo que conflúen o feito de ser mercado, o interés patrimonial do edificio e tamén os intereses empresariais, os que haberá que conxugar adecuadamente a hora de actúar no edificio do Mercado Central de Ourense.

Liceo e Catedral

A conselleira adiantou máis actuacións na Catedral ourensá, ainda que, polo de agora, sin demasiada concreción tanto nos espazos a tratar como no presupusto. En calquera caso, este novo paquete de actuacións con cargo a Cultura da Xunta engadiríase ao primeiro de 85.000 euros xa investidos, e mencionou actuacións no Arquivo e na Capela do Santo Cristo.
Ánxela Bugallo adiantou tamén unha partida orzamentaria de 170.000 euros para o Liceo de Ourense. Neste edificio actuarase en xeral "para darlle o ambente que tivo antes" en xeral, e concretamente no Salón Nobre e no Patio de Columnas.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital