Home  
 
 
 
 
  Todo ben menos dúas cousas, ben a decir Comisións Obreiras ao borrador das bases de contratación de persoal que elaborou o actual equipo de goberno do Concello de Ourense. O sindicato de José Gómez en Ourense, califica de "intolerable" a existencia da "entrevista persoal", que ademáis se barema con 3 puntos dun total de 10, proba que solicita que se suprima. Así como as chamadas "titulacións complementarias".
 
 
Comisións Obreiras califica de "intolerable" a entrevista persoal nas bases de contratación do Concello de Ourense  
31 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

"A entrevista persoal é un sistema de selección, ó entender desta organización, obsoleto, sobre todo para certas categorías que non requiren unha formación especial e sobre todo subxectivo, que non garantiza os principios básicos de acceso á administración Pública de igualdade, mérito e capacidade". Este é o argumento que manexa Comisión Obreriras para pedirlle ao Concello de Ourense que, nas bases de contratación en fase de elaboración actuamente, suprima esta proba.
Outro dos apartados que establecen estas bases de contratación e que tamén solicita Comisións Obreiras a súa supresión, é o de “titulacións complementarias”, no que se valora ter titulacións superiores ás esixidas para a categoría profesional. "Con este apartado pódese dar o caso que para unha contratación para a categoría de peón, se seleccione un candidato con menos experiencia profesional que outro polo mero feito de ter unha titulación superior, algo que non ten nada que ver co exercicio desta categoría profesional", argumenta CC.OO.

Tales dous impedimentos son os únicos que plantexa a organización sindical que en Ourense dirixe José Gómez ao borrador das bases de contratación elaborado polo equipo que dirixe como alcalde Francisco Rodríguez. Neste sentido, Comisións Obreiras anuncia que presentou as correspondentes alegacións.
Polo demáis, a organización sindical expresa públicamente celebrar que o Concello de Ourense elabore ditas bases de contratación, e lembra que era unha "vella reivindicación deste Sindicato" que en numerosas ocasións así o había demandado. Eso sí, matizando que "o que consideramos intolerable é que nestas bases se estableza unha entrevista persoal como parte do sistema de selección".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital