Home  
 
 
 
 
  Como quen sementa ten dereito de vez en cando a recoller, o alcalde de Ourense deuse na mañá deste martes unha enchenta de satisfaccións ao recibir os parabéns dos representantes da Universidade e das organizacións sindicais, dos asociacionismo veciñal e do titular da Cámara de Comercio de Ourense. Aínda máis, incluso o presidente do PP de Ourense non tivo reparo en sinalar que os compromisos acadados polo  Concello con Fomento ao respecto do AVE son "unha boa noticia para Ourense".
Unha mañá, polo tanto, chea de magníficas "sensancións", como dín agora os deportistas cando gañan, din, e por riba se divirten.
 
 

Os acordos para o AVE siguen a producir boas sensacións para o alcalde e o goberno de Ourense

 
30 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, mantivo na mañá deste martes unha rolda de contactos cos axentes sociais e económicos da cidade para informarlles dos resultados da súa reunión co Ministerio de Fomento e a Xunta na que se acordou plantexar un novo trazado para a integración do AVE na cidade. Ó longo da mañá, o alcalde reuniuse con representantes da Universidade de Vigo, os responsables dos sindicatos UGT, CCOO e CIG, presidentes da CEO, Francisco Rodríguez, e presidente da Cámara de Comercio, Ovidio Fernández Ojea, o presidente da Deputación, José Luis Baltar, e a Federación Limiar.

Ó remate da xuntanza desta mañá, o presidente da CEO, Francisco Rodríguez, felicitou o alcalde pola coraxe política de acadar o novo proxecto e implicar ó  Ministerio de Fomento na importante mellora que supón para a cidade. “Hai un aumento de presuposto e hai unha nova cidade”, sinalou. Neste senso, o acordo acadado polo alcalde co Ministerio, dixo, “é unha noticia dunha potencia para a cidade tremenda. Isto cambia o modelo de cidade para o século XXI”.

Pola súa banda, o presidente da Cámara de Comercio, Ovidio Fernández Ojea sinalou que “constitúe para nós unha moi boa noticia sempre que se trata dun Ourense mellor”, advertindo que “a satisfacción é moi grande sabendo que se recollen en certa maneira as peticións formuladas e que iso repercute na cidade e na provincia. Facemos un Ourense de alta velocidade posiblemente moito mellor do que en principio estaba deseñado”.

O presidente da Deputación, José Luis Baltar, manifestou que “paréceme  unha boa noticia para Ourense,  e nos comprometemos a que despois das eleccións do día 9 de marzo, si gaña o Partido Socialista, o Partido Popular reivindicáralle que cumpla con esta noticia que nos acaba de dar, e si gaña o Partido Popular, comprometéndonos a que temos que sacalo adiante porque é un proxecto de cidade, e creo que eso é o máis importante”.

Pola súa banda os responsables das centrais sindicais destacaron a opción elixida, e as posibilidades que abre para que os espacios que estaban adicados á vía do tren se podan destinar a un novo uso. Celis dixo: “en primeiro lugar, agradecer que o alcalde nos convocara para dar conta das xestións, seguindo unha tónica de apertura e diálogo cos axentes económicos e sociais. É un éxito a xestión, ante as distintas opcións que había, a que se presenta é óptima porque abre a posibilidade de utilizar un solo destinado a unha infraestructura a varias posibilidades de utilización pública para fins de ben común. Unha opción que é moi boa e supón un esforzo inversor”.

Satisfacción do alcalde
 

Finalmente, ó remate das xuntanzas, o alcalde amosou a súa satisfacción por constatar a boa receptividade dos diferentes colectivos ante a nova proposta de trazado, na medida en que “todos eles dalgunha maneira me transmitían a súa felicitación por esta decisión que tomou o Ministerio de Fomento, que é unha decisión sobre algo que afecta a todolos cidadáns de Ourense".
Engadiu Francisco Rodríquez que "sempre dixemos que este era un proxecto colectivo, que era un proxecto para a cidade, e que aspirábamos a que fose o proxecto máis ambicioso, que dera mellor resposta ó interese xeral da cidadanía. Nese sentido hoxe tiven a ocasión agradable de escoitar que hai unha coincidencia expresada por todos estes colectivos, polos seus representantes, sobre o importante que ten para o futuro de Ourense esta decisión do Ministerio de Fomento”.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital