Home  
 
 
 
 

Emilio Pérez Touriño

 
 

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño considerou como unha proposta “de importancia estratéxica e decisiva” para os gandeiros galegos, o anuncio feito pola ministra de Agricultura, Elena Espinosa, de que o Goberno español vai adxudicar a cota láctea existente na reserva nacional con carácter gratuíto neste ano 2008.

 
 

Touriño califica o anuncio de Elena Espinosa de adxudicar gratis cuota lactea, como "de importancia estratéxica"

 
28 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

“Esta é unha gran proposta”, aseverou Touriño, durante o acto de presentación en Ordes da Lei de desenvolvemento sostible do medio rural ante centos de gandeiros e agricultores, subliñando que “crea a expectativa e a esperanza de futuro e de optimismo” que precisa o medio rural galego. Para o presidente da Xunta, esto significa que no ano 2008 ningún produtor galego de leite “terá problema para producir por falla de cota e terá toda a cota que precise para seguir producindo”.
“Temos que seguir apostando polo noso medio rural”, engadiu o mandatario galego ao respecto lembrando a necesidade de fixar poboación, ampliar a base territorial, mellorar as infraestruturas e os servizos no medio rural para lograr que os gandeiros e agricultores galegos sigan producindo e asegurando que, precisamente por isto, o anuncio realizado hoxe pola ministra Elena Espinosa “é dunha importancia estratéxica e decisiva”.

Na súa intervención, o presidente da Xunta lembrou a importancia estratéxica que ten o medio rural na comunidade galega. “O medio rural é o cerne e o corazón de Galicia”, sinalou subliñando as importantes funcións que desempeña a xente do rural desde o punto de vista territorial, medioambiental, social, económico e mesmo cultural.
“En Galicia e en toda España necesitamos pensar o medio rural non en termos dun sector subordinado e cada día menos importante, ou marxinal”, senón nun sector cheo de futuro, engadiu o máximo mandatario autonómico manifestando o pleno compromiso do Goberno da Xunta con este sector.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital