Home  
 
 
 
  Acordada favorablemente polos grupos municipais a subida do 5% ainda que superior á variación do IPC, non chega ao que a asociación As Burgas reclamaba.
 
 
Os taxis de Ourense subirán un 5%, algo máis có IPC pero menos do que pedían os taxistas  
26 de ENERO de 2008: OURENSE DIXITAL

Na xuntanza da Comisión do Pleno do Concello de Ourense que se celebrou onte venres 25 pola mañá, acordouse incluir na orde do dia, para a sua aprobación no Pleno ordinario do vindeiro mes de fabreiro, a proposta de revisión das tarifas de taxi presentada pola asociación empresarial de turismoa e autotaxis As Burgas. Os grupos acordaron favorablemente unha subida do 5% que é superior á variación do IPC ainda que lixeiramente inferior do que dita Asociación reclamaba. Unha vez aprobada no pleno será remitida á Comisión Superior de Precios, que é o organismo competente para aprobar a revisión de tarifas.

Tamén foi aprobado pola comisión do pleno, cos votos do PSdeG-PSOE e BNG e reserva de voto do PP, o convenio entre o Concello de Ourense e Geriá tricos Orensanos, S.L. para a implantación de equipo asistencial basado nun centro de día para persoas maiores e residencia xeriátrica) na rúa do Ensino.

Asi mesmo foron aprobados por unanimidade dos tres grupos municipais os estados de contas anuais do Concello e do Consello Municipal de Deportes correspondentes ao exercicio 2006.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital