Home  
 
 
 
 

Iago Tabarés

 
  Iago Tabarés expuso este mércores en Leiro que o BNG reclamará que mude o criterio de distribución homoxénea por comunidades imposto pola ministra e candidata do PSOE por Ourense, Elena Espinosa, "co obxecto de primar aquelas que, como Galiza, producen por riba da cota que teñen, como ten acontecido durante os dous últimos anos".
 
 
O BNG plantexará en Madrid que muden os criterios para o agro cos que ven operando a ministra Espinosa  
24 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

“Nós entendemos que Galiza e Ourense non teñen sentido sen un medio rural forte e dinámico”, afirmou Tabarés durante unha visita a unha explotación gandeira en Leiro, e para iso é necesario que as medidas que está a levar a cabo a Consellaría de Medio Rural, “modestamente creo que con éxito”, deben contar cunha “complicidade” e “colaboración” do goberno central “que non atopamos” e referiuse, concretamente, á negociación da OCM do leite.
Pola contra, Iago Tabarés expuso que o BNG reclamará tamén que mude o criterio de distribución homoxénea por comunidades imposto pola ministra e candidata do PSOE por Ourense, Elena Espinosa, co obxecto de primar aquelas que, como Galiza, producen por riba da cota que teñen, como ten acontecido durante os dous últimos anos. O candidato nacionalista lembra que froito desa decisión de territorializar as cotas, cun 80 por cento por cada comunidade, o estado español deixou de producir, no último exercicio, 100.000 toneladas, pois hai comunidades onde hai máis abandono que demanda.

O candidato do BNG ao Congreso por Ourense, Iago Tabarés, argumentou hoxe que é necesario que Galiza conte con voz propia en Madrid para defender e propiciar políticas agrarias que favorezan comunidades como a galega que, por exemplo, conta co 53 por cento dos productores de leite do Estado e a terceira parte da cota, "mais sofre dunhas políticas por parte do Estado que, en moitos casos, están indo en contra dos seus intereses".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital