Home  
 
 
 
 
  Ourense e Arcos de Valdevez desenvolverán proxectos conxuntos destinados a promover a internacionalización de  empresas e a captación de investimentos empresariais.
No caso de Ourense, segundo explicou o director xeral de Promoción Económica e Emprego, nas próximas semanas se convocará un concurso para adxudicar os 7 nidos de empresas do Centro de Iniciativas, destinados a facilitar o establecemento, arranque e consolidación de novas empresas.

 
 
O Concello de Ourense acomete un proxecto de promoción económica e empresarial con Arcos de Valdevez  
24 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Ourense e Arcos de Valdevez desenvolverán proxectos conxuntos destinados a promover a internacionalización de  empresas e a captación de investimentos empresariais. O director xeral de Promoción Económica, José Angel Vázquez Barquero e técnicos desta área municipal mantiveron na mañá deste xoves unha xuntanza de traballo co vicepresidente da Cámara portuguesa, Joao Esteves, e o director do Centro de Incubación de Empresas de Base Tecnolóxica do Minho, Paulo Alves, para avanzar nas liñas de colaboración que desenvolverán ambas cidades, centradas na creación dunha rede que teña como finalidade favorecer a internacionalización das empresas locais e a captación de inversores para proxectos empresariais.
Ourense e Arcos de Valdevez acometen na actualidade, segundo recorda o Concello de Ourense, estratexias de apoio á actividade económica e a creación de emprego a través de dous proxectos similares: o Centro de Iniciativas Empresariais de Ourense, construido polo Concello na rúa Padre Feijóo, e o Centro de Incubación de Empresas Tecnolóxicas do Minho, que promove o Concello de Arcos de Valdevez.

No caso de Ourense, segundo explicou o director xeral de Promoción Económica e Emprego, nas próximas semanas se convocará un concurso para adxudicar os 7 nidos de empresas do Centro de Iniciativas, destinados a facilitar o establecemento, arranque e consolidación de novas empresas. Tres dos nidos destinaranse a empresas de carácter universitario, xurdidas do campus de Ourense. No caso do municipio portugués, no mes de xuño estará finalizado o centro, que comezará a acoller empresas dende finais do presente ano 2008.

Como explicou  o director xeral, José Angel Vázquez Barquero, a colaboración entre Ourense e Arcos de Valdevez centrarase fundamentalmente en 5 ámbitos, que son a captación de investimentos no exterior, a  promoción conxunta no exterior de iniciativas locais de emprego, o intercambio de boas prácticas, a concurrencia  á próxima convocatoria dos programas de cooperación transfronteiriza, e captar novos socios a este proxecto, con expresa mención á Universidade de Vigo e a Universidade do Miño.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital