Home  
 
 
 
 
  Aproxímanse as datas fortes do Entroido. Este xoves, Xoves de Compadres, setenta nenos dos colexios de As Mercedes e A Inmaculada correrán os compadres na Praza Maior da capital ourensá como manda a tradición. O xoves que ven cambiarán as tornas co Xoves de Comadres.
 
 

Escolares de Primaria dos CEIP As Mercedes e A Inmaculada corren o Xoves de Compadres na Praza Maior

24 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Con motivo da celebración do Entroido 2008, a Concellería de Educación do Concello de Ourense, dentro do programa “Días con nome propio”, celebrará este xoves o Xoves de Compadres na Praza Maior, cun acto no que participarán escolares de Educación Primaria dos CEIP As Mercedes e Inmaculada. Os nenos, 74 en total, levarán os seus compadres, confeccionados previamente nos centros escolares coa axuda de monitoras, nos obradoiros que organizou o Concello para preparar esta actividade. Esta actividade terá lugar na

Praza Maior de once ás doce e media da mañá.
Ademais das tradicionais loitas haberá  obradoiros  de confección de máscaras de cigarróns dirixidos por persoal especializado, co obxectivo de que os nenos e nenas coñezan máis profundamente o Entroido Ourensán.
O vindeiro 31 de xaneiro, como manda a tradición, se celebrará o xoves de comadres cos mesmas características pero con distintos centros escolares.
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital