Home  
 
 
 
 
Volta ao do ano pasado por estas datas. Os sindicatos piden a Medio Rural que chame xa aos traballadores do lume con data primeiro de febreiro. Sostén Comisións Obreiras que Medio Rural sigue evitando a contratación destes traballadores co "chiringuito" de SEAGA, S.A.
CC.OO., CIG e UGT enviaron escrito neste sentido a Medio Rural, pero a Consellería de Suárez Canal volve a dar "a calada por resposta", segundo Comisións Obreiras.
 
 
 
Os 610 da loita contra o lume piden a Medio Rural empezar a traballar o primeiro de febreiro
23 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Nun escrito remitido a Medio Rural polas organizacións sindicais CC.OO, CIG e UGT, os 610 traballadores do Servición de Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia piden a Consellería de Medio Rural volver ao traballo o día primeiro de febreiro. Eso sí, segundo os sindicatos, "coa calada por resposta" outra vez dende a administración pública. O correspondente escrito foi dirixido ao correspondente departamento da Consellería que dirixe Suárez Canal fai dez días, segundo din os sindicatos.

Explica Comisións Obreiras que "
resulta sorprendente, unha vez máis, a actitude dos xestores da Consellería de Medio Rural que, de forma tan depreciativa e intolerante, siguen sen atender os plantexamentos unitarios das organizacións sindicais e fan de novo oídos xordos a unha solicitude axustada a dereito". É máis, as organizacións sindicais denuncian que non só se volve a despreciar ao colectivo laboral de estes 610 traballadores da Xunta de Galicia, senón que por riba "bordeando a ilegalidade, se fai a subcontratación dos traballos de prevención e extinción con operarios contratados de xeito irregular e clientelar, a través do chuiringuito SEAGA, S.A". Algo que ven sucedendo tamén nas últimas semanas.
Comisións Obreiras volve a plantexar ás instancias políticas do goberno bipartito e ás autoridades laborais e institucionais, "que medien decididamente neste conflicto laboral, para que Medio Rural recobre a sensatez na xestión do SPDCIF, e así mesmo para que empregue o diálogo como método de interlocución coas organizacións sindicais representativas".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital