Home  
 
 
 
 
 

A Asociación de veciños de AS Lamas, no municipio de Barbadás, considera que o trato que lle dá o Concello nos orzamentos do 2008 é "gravemente discriminatorio para os veciños desta aldea". Segundo os veciños de As Lamas, o goberno incumpre o compromiso asumido con esta asociación de construír un local social, e a subvención que lles da -1.000 euros- está moi lonxe de corresponder ao volumen de actividades que desenrola a asociación.

 
 

Acusan ao alcalde de Barbadás e o PP de discriminar aos veciños de As Lamas e a súa Asociación

 
23 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Os veciños de As Lamas protestan o comportamento do goberno do PP no Concello de Barbadás, ao considerar que a aprobación dos orzamentos deste ano non reflexa a vella aspiración veciñal de contar con un local social, e a subvención de 1.000 euros que recibirá para todo o 2008 "apenas cubre as actividades dunha das asociacións máis dinámicas do concello".
Ao respecto do local social, recordan que é tan vella aspiración veciñal coma que hai máis de dous anos os veciños xa amosaron o seu compromiso cando venderon ao Concello "a un prezo moi inferior ao do mercado, os terreos para a súa construcción". Actualmente, segundo denunca a Asociación, os terreos están convertidos nunha escombreira "pola deixadez das autoridades municipais".

Ademáis, sinala a Asociación que a carencia dun local mesmo ten provocado que esta Asociación chegara a perder 1.376 € dunha subvención de Política Lingüística por carecer dun lugar no que realizar as actividades previstas. "En troques, outras aldeas que xa contan con locais sociais, algúns de moi recente construcción, ven reflectidos nos orzamentos partidas para a súa mellora e incluso para a construcción doutro novo", sinalan os de As Lamas.
Ademais desto, esta Asociación recibirá no 2008 un máximo de 1.000 euros para actividades, "malia ser unha das asociacións máis dinámicas do Concello como amosa a memoria de 2007", sinalan os responsabeis da Asociación.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital