Home  
 
 
 
 
 

No caso das representancións teatrais en inglés trátase do programa de actividades "Teatro e Cine na Escola" que se desenrolarán no Principal desta cidade este martes e o mércores. Mentras que as charlas sobre a historia dos Xogos Olímpicos englóbanse na actividade "I Miniolimpiadas ourensás", cuia primeira parte remata este martes polo colexio Franciscanas.

 
 

Teatro en inglés e un par de charlas sobre a historia dos Xogos Olímpicos, tamén para rapaces este martes

22 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Educación do Concello de Ourense, dentro do programa de actividades “Teatro e Cine na Escola”, organiza representacións teatrais en inglés da obra “Drakula” coa finalidade de fomentar o uso da lingua inglesa entre os escolares ourensáns.
As representacións correrán a cargo da compañía de teatro “Firewalk Theatre”, formada por profesionais de teatro ingleses e españois bilingües. Con moita anterioridade á representación, enviouse ós profesores de inglés dos centros participantes unha unidade didáctica  para así poder preparar o vocabulario e o contido da obra cos alumnos na aula

para unha mellor comprensión.
As tres representacións terán lugar no Teatro Principal, este martes as doce e a unha e media para alumnos dos IES Otero Pedraio, IES As Lagoas, CPI José García, IES Universidade Laboral e EPA., e seguirán o mércores as nove e as once e media da mána con alumnos de outros  12 centros educativos da nosa cidade.

Por outra banda, O Concello organiza tamén dúas charlas sobre a Historia dos Xogos Olímpicos para escolares de Primaria do colexio Franciscanas, dentro do programa “Educación e Deporte”
Trátase da  actividade “I Miniolimpiadas ourensás”, que organiza tamén a Concellería de Educación do Concello de Ourense, e que  continuará este martes  no colexio Franciscanas, dende as 11:30 ata as 13:30 horas, con dúas charlas dirixidas a alumnos de Primaria, que coñecerán a Historia dos Xogos Olímpicos, dende a era antiga ata a moderna. As charlas serán impartidas pola deportista e coordinadora do programa “Educación e Deporte”, Paula Carballido.
Con estas dúas charlas rematará a primeira fase da actividade “I Miniolimpiadas ourensás”, que consistiu en achegar ós nenos a historia das Olimpiadas a través de charlas nos centros educativos. A segunda parte, de carácter práctico, comezará no próximo mes de marzo, coa realización de diferentes probas deportivas entre os alumnos dos colexios participantes.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital