Home  
 
 
 
 

Anxo Quintana

 
 

O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, amosou hoxe o seu convencimento de que o 9 de Marzo o “disputado deputado” de Ourense non vai ser o terceiro do PP nin o segundo do PSOE senón o primeiro do BNG. Quintana convocou a ser noticia en todo o Estado ao día seguinte ás eleccións, cousa que, segundo él, só conseguirá Ourense acadando o primeiro deputado nacionalista da súa historia.

 
 

Quintana dice que el escaño de Iago Tabarés no es ni el tercero del PP ni el segundo del PSOE

 
22 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Anxo Quintana dixo este luns en Ourense que o ten claro: o "disputado deputado" de Ourense non será nin o teceiro do Partido Popular nin o segundo do PSOE, senón o primeiro do BNG. É decir, Iago Tabarés. Esta afirmación producíuse no trascurso da presentación da candidatura ao Congreso e ao Senado en Ourense que tivo lugar este luns.
Neste sentido, asegurou que os apoios e votos cos que conten socialistas e populares só servirán para polos ao servizo de Rajoy e Zapatero mentres que respaldar a Iago Tabarés significa que a voz de Galiza estea presente en Madrid e, en consecuencia, tamén a de Ourense.

Durante o acto de presentación da candidatura completa do BNG ao Congreso, o portavoz nacionalista insistiu en que o debate que se está instalando interesadamente sobre o baile dun deputado entre o PP e o PSOE, a partir do día 10 será intrascendente tanto para o Estado como para Ourense, “o positivo para a provincia é que Tabarés sexa ese deputado e o BNG vai pór todo da súa parte para que isto sexa así”.

Zapatero –asegurou Quintana González- non vai chamar a un deputado do PP ou do PSOE de Ourense para negociar nada, pero se Iago é deputado o goberno terá que falar con el e iso é o que temos a oportunidade de decidir o día 9, porque son os intereses de Galiza e de Ourense os que están en xogo e iso xa o estamos vendo en campaña”.
Quintana tamén puxo como reto aos candidatos de PP e PSOE  que defendan a constitución da Confederación Hidrográfica do Miño, sobre a que só o BNG foi quen de prantexar unha alternativa, e que as súas competencias sexan do goberno galego.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital