Home  
 
 
 
 

Pachi Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente

 
 

Todo esto é mui sinxelo, veu a decir Pachi Vázquez. Sinxelo e vello, por outra banda. A clave da xestión dos residuos está, ademáis de en reciclar axeitadamente para poder reutilizar, en reducir a cantidade de lixo que estamos a producir. Para eso, o conselleiro veu a facer un alegato a rebelarse contra a cantidade de envoltorios e chafalladas coas que nos adornan cada menudencia que a mercamos a cotío.

 
Noticias Relacionadas
  Medio Ambiente estende o programa piloto de autocompostaxe a catro concellos máis desta provincia
 
 

Pachi Vázquez: "non nos poden vender un bolígrafo envolto cinco veces cando eu só pedín un bolígrafo"

 
22 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

"Non nos poden vender un bolígrafo envolto cinco veces cando eu só pedín un bolígrafo", explicou Pachi Vázquez cando o conselleiro fixo unha especie de alegato-denuncia da cantidade de envoltorios que chegan cada día ás nosas casas coas cousas máis simples e comúns. "O mesmo que cando mercamos unha boneca de quince centímetros resulta que as veces casi non nos colle pola porta", engadía o titular de Medio Ambiente.

Nun tono moderado ainda que non exento de firmeza, o conselleiro denunciaba a cantidade de lixo que estamos a producir e que entra a cotío nos nosos fogares. Para Pachi Vázquez esto de porlle remedio á inxente cantidade de residuos que a moderna sociedade está a producir, só ten dous vías, tan sinxelas como pouco innovadoras. Ademáis de ser capaces de reciclar para reutilizar aquelo que non nos sirve, é preciso reducir a inxente cantidad de lixo que producimos, aforrar sobre todo.
É aquí onde o conselleiro denunciou que a moderna sociedade de consumo pouco ou nada axuda, e onde, tácita que non explícitamente, o conselleiro pedíu ao cidadán colaboración rebelándonos contra ese afán, por exemplo, de envolvelo todo hasta non saber si o que acabamos de mercar é, realmente, o bolígrafo ou a boneca que lle pedimos ao dependente.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital