Home  
 
 
 
 
 

A través de videoconferencia, como xa non é a primeira vez, o director xeral de Comunicación Audiovisual de Galicia inaugurou este xoves un novo portal en Internet do Entroido de Verín. A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual proporciona o aloxamento do portal nos servidores do Centro Multimedia de Galicia, e colabora no mantemento técnico do mesmo.

 
 

Verín inaugurou este luns un novo portal en Internet para promocionar o seu Entroido

 
22 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, inaugurou este luns a través de videoconferencia e desde o seu despacho de Santiago, un novo portal en internet dedicado ao Entroido de Verín, desenvolvido polo concello, en colaboración coa Secretaría Xeral de Comunicación, e a través do Centro Multimedia de Galicia, adscrito á Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual. No acto participaron desde o concello ourensán o seu alcalde, Juan Manuel Jiménez Morán, a concelleira de Cultura, María Corona Meixera Romasanta, e os técnicos encargados do desenvolvemento e difusión dos contidos.

Na súa intervención dende Santiago, Fernández Iglesias explicou que esta colaboración entre o concello de Verín e a Secretaría Xeral permite difundir en Internet un dos eventos etnográficos e culturais máis salientables de Galicia utilizando tecnoloxías da rede de primeiro nivel. A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual proporciona o aloxamento do portal nos servidores do Centro Multimedia de Galicia, e colabora no mantemento técnico do mesmo.
Esta colaboración súmase a outras actividades desenvolvidas conxuntamente como a participación no programa Cidades Dixitais, a integración de Verín na Rede de Telecentros de Comunicación, ou a participación do concello no programa formativo do Centro Multimedia de Galicia no eido audiovisual e multimedia.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital