Home  
 
 
 
 
  Solventados os atrancos e legalizados os edificios, segundo di o Concello de Ourense, empezou a concesión de licencias de obra e ocupación as máis de 60 familias dos inmobles da Praza de San Antón ata agora en situación alegal, cando menos.
"Esta actuación supón a legalización do bloque de edificios, que comprende vivendas, comercios e un párking, e a regularización urbanística que no seu día demandaron os tribunais para evitar a súa demolición", sinala o Concello de Ourense.
 
 
Legalizados os edificios da Plaza de San Antón, o Concello empezou a dar licencias de obra e ocupación ás máis de 60 familias afectadas  
19 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Urbanismo do Concello de Ourense escomezou a notificar ós máis de 60 veciños con vivendas ameazadas de derribo na Praza de San Antón a concesión das respectivas licencias de obra, ocupación e apertura,  en cumplimento das condicións requiridas polo TSXG para evitar o derribo. "Esta actuación supón a legalización do bloque de edificios, que comprende vivendas, comercios e un párking, e a regularización urbanística que no seu día demandaron os tribunais para evitar a súa demolición", sinala o Concello de Ourense.
O conflito da praza de San Antón, que a anterior Corporación municipal tentou resolver mediante a súa inclusión no PXOM de 2003, atopábase en vía morta ó estimar o TSXG que, pese a que o novo planeamento xa incluía o bloque de edificios,  non eran legais por non contar coas  correspondentes licencias.

Esta legalización comezou a materializarse esta semana coa notificación ós veciños de que as súas casas xa contan coas pertinentes licencias, tal e como demandaba o TSXG cando lle sinalaba ó Concello, o pasado 31 de xaneiro de 2007, que “non é posible declarar inexecutable por causa de imposibilidade legal a sentencia, porque non se concederon novas licenzas de obra, ocupación e apertura que legalicen a situación urbanística dos inmobles afectados”.

Vontade política

“A resolución do conflito dependía de aplicar a debida vontade política”, segundo sinalou a concelleira Aurea Soto, “e iso é o que rematamos de facer: traballar a reo ata conseguir darlle licenza a todas esas familias”.
A situación, segundo a concelleira de Urbanismo, ven de ser reconducida coa concesión destas licenzas de obra, ocupación e apertura, que posiblitará “que os veciños poidan durmir nas súas casas sen temer sempre que a piqueta de derribo pende sobre as súas cabezas”.
Finalmente, unha vez cumprido o requerimento dos tribunais, o Concello de Ourense remitiu o pasado mércores 16 de xaneiro a solicitude oficial de inexecución do derribo, en tanto en conta que xa contan coa súa inclusión no PXOM e que as pertinentes licencias municipais.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital