Home  
 
 
 
 

Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense

 
 

Ao que se ve a broma de Poly Novoa e os seus, o Grupo Popular, nin lle fai gracia aos de Paco Rodríguez nin deixa de facerlla. Só dicen constatar que en sete meses Poly Novoa pasou do pelotazo cando gobernaba ao chascarrillo cando oposición.
Os socialistas aproveitan tamén para respostarlle ao popular, e sinalan a propósito das responsabilidades políticas que dicía Poly Novoa que ten que haber no caso dos case 30.000 euros que desapareceron da Recadación, que si ten que haber tales serán dos seus ou súas.

 
 
O GMS di constatar que Poly Novoa en sete meses "pasou do goberno do pelotazo á oposición do chascarrillo"  
19 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

A valoración realizada polo portavoz do Partido Popular sobre os primeiros sete meses de xestión do novo Goberno Municipal, revela que "Enrique Poly Nóvoa pasou do goberno do pelotazo á oposición do chascarrillo". Así se empeza pronunciando o Grupo Municipal Socialista, só horas despois de coñecidas as acusacións lanzadas contra él e contra o alcalde polo portavoz do Grupo do PP.
O Grupo Municipal socialista dí considerar que a oposición "ten o deber democrático de criticar e controlar a xestión do goberno, así como de ofrecer alternativas". Pero o PP e o seu portavoz, segundo o Grupo do PSOE, "presentan por toda alternativa unha declaración plagada de chistes malos, co que evidencian como oposición igual frivolidade e incompetencia que demostraron como goberno".

Os de Francisco Rodríguez sinalan que "en sete meses, o novo Goberno municipal ten recuperado a dirección da cidade, entregada por “Poly” Nóvoa e o PP a determinados intereses particulares", restablecendo a legalidade urbanística, xestionando e entregando á Xunta sólo para dotacións públicas, e fixando a prezo de mercado nas cesións urbanísticas que permiten ingresar ó Concello cantidades importantísimas antes regaladas polo Partido Popular.
En sete meses, sinala o grupo de Francisco Rodríguez que "o novo Goberno municipal e o Alcalde ten desenvolvido unha intensa xestión institucional coa Xunta de Galicia e co Goberno de España, pola que Ourense acadou logros moi importantes". E sinálanse a ubicación na nosa cidade da sede da nova Confederación Hidrográfica do Miño, o financiamento da Xunta para iniciar o desenvolvemento da futura Ronda Leste da Cidade, a adxudicación das obras de mellora de Avenida de Santiago, os accesos á Ponte do Milenio, Marcelo Macías e a Ponte de Velle, e a reanudación antes dun mes das obras no claustro de San Francisco, "bloqueadas por un conflito xudicial e desbloqueadas polo compromiso do ministro de Cultura co alcalde".

Así mesmo, sinala o Grupo Municipal Socialista que tivo que solucionar "problemas herdados" do anterior Goberno, entre os que enumera o do edificio de Pérez Serantes, a Praza de San Antonio, e as numerosas sentencias dos tribunais contra disposicións ilegais do PXOM, así como iniciar o proceso da adxudicación do Servicio Municipal de Limpeza, "servicio que o PP deixou en bancarrota como consecuencia primeiro dunha adxudicación ilegal e despois por unha resolución sospeitosa, nunca aclarada por Poly Nóvoa".

Responsabilidade política no asunto da Recadación Municipal

Finalmente, o Grupo Municipal Socialista amosa seu acordo co portavoz do PP respecto a necesidade de asumir responsabilidades políticas pola desaparición de 30 mil euros da Recaudación, poucos días despois da toma de posesión do novo Goberno Municipal e, daquela, sen tempo material para analizar a situación do Servicio herdada do Partido Popular.

"A desaparición de diñeiro público foi posible, por tanto, polo absoluto descontrol que o PP tiña no servicio que, efectivamente,  ó igual que hai anos cando desapareceu diñeiro municipal do Pavillón dos Deportes, carecía dun protocolo de custodia seguro e claramente  pautado para impedir este tipo de actos", sinala o Grupo Municipal Socialista.
Que conclúe engadindo que "por iso, o Grupo Municipal Socialista esixe o PP o seu portavoz Poly Nóvoa que asuma as responsabilidades políticas que lle corresponden neste caso". 

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital