Home  
 
 
 
 

Alex Sánchez Vidal

 
 

O tenente de alcalde do Concello de Ourense, Alex Sanchez Vidal, e o concelleiro de Infraestructuras, Andrés García Mata, pecharon este martes un protocolo de transporte mancomunado cos concellos limítrofes ao da cidade, ou que tamén se chamou no seu dia "area metropolitana de Ourense". Nada novo, en realidadez, xa que se trata de un vello proxecto aparcado dende fai anos que, como dixo Sánchez Vidal, é preciso reactivar. Só que agora incorpóranse tres concellos máis, Nogueira de Ramuín, Paderne e Allariz.

 
 

Tenencia de alcaldía quere relanzar o transporte mancomunado de Ourense para darlle servizo a 160.000 persoas

16 de ENERO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O tenente alcalde, Alexandre Sánchez Vidal, e o concelleiro de Infraestruturas, Andrés García Mata, reuníronse este martes cos alcaldes dos municipios da área metropolitana de Ourense, para poñer en marcha un sistema de transporte público común que abarate custes para administracións e usuarios, axilice o servizo, mellore as frecuencias, incremente as rutas, diminúa os problemas de tráfico e reduza a contaminación. A tenencia da alcaldía presentoulle este martes un protocolo aos alcaldes da zona, que será asinado dentro dunha semana unha vez sexa revisado e se recollan os achegamentos feitos polo concello.

En total estiveron presentes na reunión da mañá deste martes no salón de Plenos do Concello de Ourense, os alcaldes de Nogueira de Ramuín, San Cibrao de Viñas, Toén, Barbadás, Vilamarín, A Peroxa, Paderne, Taboadela e Allariz. Disculpou a súa inasistencia o alcalde de O Pereiro, ainda que Eliseo Fernández púxose en contacto co concelleiro de Infraestruturas para comunicarlle que estaba de acordo co plantexamento feito polo BNG.
O protocolo, que recolle cinco puntos, céntrase na mellora da accesibilidade da rede interurbana, mediante o establecemento dunha rede de intercambiadores –entre catro e seis na cidade- e a determinación de novos itinerarios de penetración na cidade de Ourense, así como a configuración de rutas máis completas nos concellos limítrofes.
O protocolo recolle tamén o establecemento dun billete único combinado e a promoción do transporte colectivo de viaxeiros. O BNG comprometeuse a solicitar unha reunión coa Dirección Xeral de Transporte da Xunta de Galicia. Previamente, no protocolo tamén se inclúe a creación dunha Comisión de Seguemento que avalíe o modelo de tranporte mancomunado que se vai crear cuxa composición está aínda sen determinar.
Os asistentes á reunión destacaron o clima de entendemento e o achegamento de posturas ante un problema que é moi custoso para os concellos e que podería dar servizo a máis de 160.000 habitantes.


A tenencia da alcaldía recorda que o transbordador da alameda "queda desbotado por ser altamente prexudicial para o tránsito da cidade, así como ilegal porque na práctica fai que os autobuses interurbanos funcionen coma urbanos".

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital