Home  
 
 
 
 
O equipo do BNG no Concello de Ourense encabezado polo tenente de alcalde, Alexandre Sánchez Vidal, acadou coa titular de Vivenda e Sólo da Xunta este luns en Santiago, un acordo que vale 1.120 novas vivendas protexidas para a capital ourensá.
Destaca ademáis Tenencia de Alcaldía que os barrios de Mariñamansa e O Vinteún sofrirán unha reforma integral. Agora mesmo a Consellería xa se comprometeu a asumir íntegramente a reforma dun destes dous barrios.
 
 
 
Tenencia de Alcaldía e Consellería de Vivenda acordan 1.120 novas vivendas protexidas para Ourense
15 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O tenente alcalde da cidade, Alexandre Sánchez Vidal, acadou hoxe para Ourense o compromiso da Consellería de Vivenda de que neste ano comezarán a construírse 1.120 vivendas protexidas. Sánchez Vidal acordou no transcurso dunha xuntanza de traballo esta mañá en Santiago coa conselleira Teresa Táboas pedir a modificación no planeamento urbanístico da área de Benposta que pasaría de dotacional a residencial, co cal se podería executar un polígono de case 300 vivendas protexidas.
Alexandre Sánchez Vidal levará á próxima Xunta de Goberno a modificación no planeamento desta área que leva anos paralizada. Para o tenente alcalde "esto supón unha oportunidade inmellorable para executar o programa electoral e de goberno, co cal agarda unha resposta positiva dos seus socios no concello".
A estas habería que engadirlle o polígono de Rabodegalo que entrará nun mes na súa fase de aprobación inicial, e que suporá a construción de 800 novas vivendas, segundo sinalan fontes da Tenencia de Alcaldía de Ourense.

Así mesmo, a estes dous anuncios habería que engadirlle un terceiro bloque de vivendas, que sairá da xestión directa do 10% de cesións urbanísticas obrigatorias e que suporá a construción de 20 novas vivendas de “arquitectura singular”. O tenente alcalde acordou coa conselleira Teresa Táboas as cesións obrigatorias sexan pagadas por parte dos construtores en solo e non en diñeiro como o mellor garante de que esas cesións son usadas para construír vivenda protexida de xeito directo.
En total, en Ourense está previsto que o 10% do solo equivala a unha cifra superior aos 600.000 euros, pero agárdase que o vindeiro ano coa modificación da lei esta cantidade sexa superior e que se poida executar por esta vía unha cantidade maior de vivenda protexida. Este é o motivo polo que o Sánchez Vidal e Teresa Táboas acordaron que estas 20 vivendas tivesen unha arquitectura singular, para darlles un plusvalor.

Área de Rehabilitación Integral

O Cuarto acordo ao que chegaron a tenencia da alcaldía e a Consellería de Vivenda foi a rehabilitación integral (ARI) do barrio do 21 ou do de Mariñamansa. A tenencia da alcaldía rehabilitará integralmente ambos os dous barrios. Un será con cargo a fondos europeos e para o outro transferirá os fondos a Consellería de Vivenda, dependendo de cal se axuste máis ás esixencias da Unión Europea.
O compromiso da consellería de Vivenda é facerse cargo do custe da reforma dun deses barrios. Os técnicos da consellería examinarán o xeito de levalo a cabo e o custe do mesmo, xunto cos técnicos municipais.
En concreto, as reformas que propón a tenencia da alcaldía irán destinadas á mellora dos espazos públicos, a obras de humanización, reformas de escaparates comerciais e rehabilitación interior dos edificios, especialmente no tocante á accesibilidade, o que suporá que moitos edificios poderán ter ascensor e outros elementos que faciliten e melloren a calidade de vida da xente maior.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital