Home  
 
 
 
 
 

O candidato o Congreso do BNG por Ourense, Iago Tabarés, insiste en que só a opción dos nacionalistas garante que as cuestións de Galiza e de Ourense cheguen a Madrid. Tabarés asume que se enfronta a unha campaña "bipolarizada" na que o BNG está só e o PP e o PSOE no mesmo polo, xa que ao día seguinte ao 9 de marzo, segundo el, os socialistas e os populares porán as súas actas a disposición dos seus partidos.

 
 

O candidato do BNG di que os deputados do PSOE e do PP porán as súas actas a disposición do partido o 10 de marzo

 
14 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Fronte ás visitas e baile de cifras “eleitoralistas” e “oportunistas” que está a realizar a ministra socialista Elena Espinosa, o candidato do BNG ao Congreso pola provincia de Ourense, Iago Tabarés,  asegurou este que só o Bloque Nacionalista Galego está en condicións de garantir a defensa dos intereses de Galiza e de Ourense en Madrid e lembrou que esta afirmación se pode sustentar con datos, coa capacidade de decisión que teñen demostrado os dous deputados nacionalistas no Congreso
Durante unha visita á comarca do Ribeiro lamentou que esta campaña se estea plantexando en clave “presidencialista”, pois deste xeito “fican opacadas as verdadeiras necesidades da provincia. Ourense precisa ter voz propia en Madrid e só o BNG pode asegurala, pois PSOE e PP están centrándose en Ourense por unha cuestión puramente aritmética”.

O candidato nacionalista recoñeceu que se enfronta a unha campaña bipolarizada pero pediu que non se confunda á cidadanía, pois os polos son PP-PSdeG fronte ao BNG. Neste sentido, insistiu en que o que está en xogo en Galiza non é o futuro de Zapatero o Rajoy senón os intereses do País, ante unha próxima lexislatura, ademais, na que se van plantexar temas que dependen das Cortes moi importantes, como a rede de autoestradas, a chegada do AVE ou a reforma do Estatuto.
Para Tabarés, só o BNG pode actuar ante estes asuntos con “liberdade”, co único condicionante de satisfacer as necesidades dos cidadáns, mentres os deputados populares e socialistas “ao día seguinte das eleccións poñerán a súa acta ao servizo de Génova e Ferraz”.

Cinismo de Núñez Feijóo

Iago Tabarés aludiu tamén ao PP e as recentes declaracións de Núñez Feijóo nas que acusaba a nacionalistas e socialistas de “traficar con votos e coa terceira idade” e de recuperar prácticas lingüísticas do franquismo.
Segundo Iago Tabarés, “o cinismo político”de Núñez Feijóo só é comparable á súa incoherencia” e lembrou a “tradición do PP”  no que se refire á confusión da política institucional cos actos electorais, reparto de axudas sociais en períodos próximos a uns comicios, etc..
O candidato nacionalista lembrou que o BNG ten as mans limpas e foi o único que tentou introducir mecanismos para corrixir as eivas do voto emigrante a través de distintas iniciativas que nunca contaron co respaldo do PP.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital