Home  
 
 
 
 
 

Alcaldes e concelleiros socialistas, así como os técnicos que participaron no encontro, coincidiron no importante que é que os concellos tomen parte activa nas políticas de emprego para os cidadáns. No encontro titulado "Políticas de emprego para os Concellos", trascendeu, por certo, que O Barco de Barco de Valdeorras será un dos catro puntos de Galicia por onde a Consellería de Traballo vai por en marcha os Pactos Territoriais de Emprego.

 
 

O Barco de Valdeorras será punto de partida dos Pactos Territoriais de Emprego que vai por en marcha a Xunta

 
14 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Alcaldes e concelleiros do Partido Socialista na provincia de Ourense,   participaron nunha xornada de traballo que tivo por título "Políticas de emprego para os Concellos". No trascurso deste encontro os poñentes insistiron na importancia de que os Concellos  se impliquen na posta en marcha das políticas de emprego deseñadas polo Goberno central para toda a nación, e que debe xestionar cada Comunidade Autónoma, así como a necesaria colaboración  dos diferentes axentes sociais.
Os asistentes destacaron, así mesmo, os bos resultados que están a producir  todos os programas de emprego implementados nos últimos catros anos. Programas como o de Información Profesional, os Acordos polo Emprego, os plans FIP, os Obradoiros de Emprego, as Escolas Taller e os Plans de Cooperación, entre outros  que están posibilitando que moitas persoas con dificultades para introducirse no mercado laboral, se formen e consigan un emprego.
O Director Xeral de Formación insistiu “na necesidade de potenciar dende os Concellos o Servizo de Orientación Laboral”, e animou a todos os alcaldes e concelleiros socialistas a solicitar orientadores laborais. “As oficinas do emprego están para algo máis que para xestionar colas de parados, deben  xestionar demandas de emprego, deseñar o itinerario laboral dos demandantes de emprego. Ningún usuario destas oficinas debería demandar un traballo sen pasar polo servizo de Orientación Laboral onde un experto lle elaborará un itinerario laboral acorde ás súas características, acorde ás súas necesidades e ás necesidades do mercado laboral”.

Según se comentou neste encontro, a Consellería de Traballo está a pór en marcha os Pactos Territoriais de Emprego. Agora mesmo é intención da Consellería crear catro de forma experimental e de diferente tipoloxía. Un destes Pactos Territoriais, nos que participan concellos, empresarios, sindicatos e a Xunta de Galicia constituirase en O Barco de Valdeorras e, permitirá a coordinación de todos os axentes que traballan no eido do emprego.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital