Home  
 
 
 
 

Helena Veiguela

 
  O Concello de Ourense da os primeiros pasos para promocionar e dinamizar o acceso á Sociedade da Información. O ourensán "converxe" ata os 24 anos, pero na franxa dos 24 aos 45 estamos por embaixo da media do Estado. En canto as empresas, ben en canto ó uso de Internet, pero as pequenas están por embaixo da media no uso da factura electrónica e das relacións con provedores e clientes.
 
 
Asinado un convenio para promover o acceso dos ourensáns á Sociedade da Información de Galicia  
5 de XENEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Tenencia de Alcaldía do Concello de Ourense (Alex Sánchez Vidal) e Dirección Xeral de Promoción Industiral (Helena Vinguela), asinaron este venres un convenio para a posta en marcha do proxecto "Rede de Dinamización da Sociedade da Información de Galicia" na capital ourensá.
De entrada, esto suporá por a disposición do Concello de Ourense unha "dinamizadora" e decir, unha persoa que se vai encargar de "achegar o cidadán a esta rede da información". O Concello de Ourense proxecta dispor o ano que ven dun Centro de Novas Tecnoloxías que o tenente de alcalde, o nacionalista Sánchez Vidal, emplazou no Casco Histórico da capital ourensá.

Parámetros

A directora Xeral de Promoción Industrial da Xunta de Galicia sinalou que, ao respecto, a situación de Ourense é moi parecida á do conxunto do Estado na poboación de ata 24 anos. Segundo Helena Vinguela, "a nosa mocidade está na mesma porcentaxe no uso de ordenadores e acceso a Internet".
O que non ocurre no caso da poboación de entre 25 e 54 anos, que se atopa bastante por embaixo da media do país.

No eido empresarial ocorre algo parecido coas empresas grandes e medianas fronte ás pequenas, xa que mentres as primeiras "converxen", as pequenas están por debaixo especialmente no que atinxe á factura electrónica e ás relacións con provedores e clientes.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital