Home  
 
 
 
 

Alfredo Suárez Canal, conselleiro de Medio Rural

 
 

Unha terceira parte dos concellos da provincia, integrados en catro comarcas naturais de Ourense, son za zonas de Especial Interese Agrario, ZEIA, por decreto da Xunta de Galicia. Son en total 32 concellos das terras de O Ribeiro, Celanova, Caldelas e Verín. Segundo Medio Rural, a declaración comportará medidas que "redunden nunha elevación do nivel de vida dos agricultores, abrindo e facendo atractiva a actividade agraria a novos sectores de poboación para o seu asentamento no rural".

 
 

Declarados "de Interese Agrario" unha terceira parte dos concellos da provincia de Ourense

2 de ENERO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

As comarcas ourensás de O Ribeiro, Caldelas, Celanova, y Verín son zonas de Especial Interese Agrario, ZEIA. As catro comarcas ourensás forman parte dun "paquete" de 16 declaradas como tales por acordo do Consello da Xunta de Galicia. A Xunta sinala ao respecto que, con este decreto, "continúa a declaración de Zonas de Especial Interese Agrario co obxectivo de acadar de xeito progresivo a práctica totalidade da superficie agraria do territorio galego", e que entre os factores que se tiveron en conta para a determinación destas novas ZEIA, "figuran a presenza dun número significativo de explotacións, as características e potencialidade dos terreos ou zonas nas que se enclavan, a existencia de zonas que teñen sido obxecto de concentración parcelaria ou que poderán selo no futuro, así como a incidencia da actividade agropecuaria reflexada no número de explotacións, plans de mellora e incorporación de mozos e mozas á actividade agraria".

A declaración afecta a un total de 32 concellos dos 92 da provincia, 10 no Ribeiro, outros tantos das Terras de Celanova, 4 en Caldelas e 8 en Verín. A declaración da comarca de O Ribeiro inclúe aos concellos de Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. No caso de Celanova, os concellos aos que afecta a declaración son os de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.  A declaración afecta aos concellos de Castro Caldelas, Motederramo, Parada de Sil e A Teixeira, que conforman a comarca de Caldelas. E, por último, son Zona de Especial Interese Agrario os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oimbra, Riós, Verín e Vilardevós que conforman o territorio comarcal de Verín.

Con esta declaración, segundo Medio Rural "a ampliación da base territorial das explotacións permitirá unha menor dependencia de pastos e forraxes externos, así como a posible diversificación de cultivos, aumentando a capacidade produtiva das explotacións e a posibilidade de apertura a novos mercados para a comercialización dos produtos agrarios".
Medio Rural da Xunta de Galicia prevé que as actuacións a desenrolar nos concellos destas zonas ZEIA,  "redunden nunha elevación do nivel de vida dos agricultores, abrindo e facendo atractiva a actividade agraria a novos sectores de poboación para o seu asentamento no rural, superando así o envellecemento e o abandono do agro galego", subliña o departamento de Alfredo Suárez Canal.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital