Home  
 
 
 
 
  Despois de mercar "un flamante coche" para o Concello, o alcalde de Pereiro de Aguiar, o popular Eliseo Fernández Gómez, paga comidas aos traballadores das brigadas da Deputación Provincial de Ourense "para que traballen horas extras". Así o denuncia o Grupo do PSOE neste Concello, que sostén que o rexedor municipal se toma o Concello e os plenos "a cachondeo" e obstaculiza o traballo da oposición.
 
Noticias Relacionadas
  O alcalde de Pereiro de Aguiar vai mercar un coche oficial de 45.000 euros, segundo denuncia o PSOE
 
 

Denuncian que o alcalde de Pereiro paga comidas ás brigadas da Deputación para que fagan horas extra

 
29 de DICIEMBRE de 2007: OURENSE DIXITAL

Os socialistas volven a cualificar de "despilfarro" económico o proceder do alcalde de O Pereiro de Aguiar, o popular Eliseo Fernández Gómez, ao pagar con cargo o Concello comidas aos traballadores das brigadas da Deputación Provincial de Ourense "para que traballen horas extra". Tal actuación engádese, segundo os socialistas, ao proceder do rexedor municipal cando, a finais do mes de outubro, consignou 45.000 euros para mercar coche oficial para o Concello. Con data de 22 de outubro, o Grupo do PsdeG-PSOE de Pereiro de Aguiar xa denunciou que o vehículo escollido polo alcalde para coche oficial do Concello sería un todo terreo, extremo que se cumpriu coa compra dun Land Rover Freelander de cinco portas.

A esta denuncia, os socialistas engaden a actitude do rexedor do Pereiro, ao denunciar que Eliseo Fernández "está a gobernar o municipio ao seu antollo, incumprindo de forma sistemática o regulamento municipal e os acordos adoptados na Xunta de Goberno". Segundo César Grande e Carmen Figueiral, Eliseo Fernández non respecta a ninguén, "nin aos seus propios compañeiros de grupo".
Refiren o caso do último pleno de 20 de decembro, no que ás preguntas presentadas "en tempo e forma" polos socialistas, o alcalde se negou "alegando que estivera enfermo". Segundo o alcalde, por tal motivo non tivo tempo para preparar as respostas, aínda que, segundo os socialistas, "non eran cuestións tan complicadas como para que o alcalde necesitara preparalas xa que se referían  a cuestións da xestión diaria e ordinaria do concello".

Os socialistas denuncian que o alcalde non convoca as comisións informativas. Segundo César Grande, dende que se constituíu a Corporación, vai xa medio ano, que as comisións de Igualdade  e do Benestar Social, Promoción do Emprego, Industria, Turismo e Medio Ambiente, e a de Educación, Cultura, Deportes e Xuventude non se reuniron máis que para o propio acto de constituílas.
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital