Home  
 
 
 
 
 

O Partido Popular de Galicia asegura que, casi sin querelo, descubriu no debate das enmendas ao presuposto da Consellería de Presidencia para o ano que ven, que as obras de construcción do novo edificio xudicial de Ourense, tamén chamado "Cidade da Xustiza", retrasaranse un ano máis. De feito, sinalan os populares que "os socios do bipartido recoñeceron que o proxecto seguirá paralizado durante todo un ano" e que "Xunta e Concello seguen de brazos cruzados".

 
 

O PP di que as obras da Cidade da Xustiza non empezarán o ano que ven porque non hai terreos e o proxecto está inconcluso

 
13 de DECEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL

O Grupo Popular asegura que presentou unha enmenda para habilitar unha partida de 2 millóns de euros, e que as obras do novo edificio xudicial de Ourense se iniciaran o ano que ven, 2008. Sin embargo, "PSOE e BNG recoñoceron que non sería posible investir eses cartos porque o terreo non está dispoñible e o proxecto inconcluso".
En tal situación, establecen os populares que "as obras retrásanse, polo menos duranto todo o ano próximo", segundo denuncia o deputado popular Antonio Rodríguez Miranda.

Rodríguez Miranda cuestiona o que califica de "espectáculo bochornoso" que, segundo él, ofreceron socialistas e nacionalistas en Ourense, "onde, separadamente, cada un dos socios dos gobernos local e autonómico trataron de apropiarse e sacar réditos políticos dun proxecto que, xa daquela, sabían que estaba paralizado por falta de entendemento entre eles".
Este comportamento leva ao deputado popular Rodríguez Miranda, a afirmar que se constata que "a principal prioridade para PSOE e BNG consiste en seguir ocupando moqueta e utilizando coche oficial", xa que, segundo o deputado do PP, "resolver os problemas dos cidadáns e mellorar o funcionamento dos servicios públicos ocupa para eles un papel absolutamente secundario".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital