Home  
 
 
 
 
 

No Concello de Barbadás o ano que ven o papeleo administrativo xa non será de balde. O goberno de Freire Couto quere cobrar por calquera papeliño, segundo denuncian os nacionalistas.
Así a todo, o que considera o BNG que é máis denunciable é o feito de que os de Freire Couto pretendan facer negocio con un imposto que é para pagar un servicio que non presta este Concello: queren recaudar 45.000 euros máis do que lle costa depurar as augas residuais no Concello de Ourense.

 
 

El BNG denuncia que o Concello de Barbadás quere facer negocio coa depuración das augas residuais

 
29 de NOVEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL

O BNG no Concello de Barbadás denuncia que o Goberno que dirixe como alcalde o popular José Manuel Freire Couto, pretende subir o impusto sobre verquido e saneamento de augas residuais por encima do que é preciso para abonárllelo servizo ao Concello de Ourense, que é quén realmente se ocupa da depuración das súas augas. Segundo o portavoz nacionalista, Xosé Manuel Fírvida, "o Concello de Barbadás nos vai a cobrar por un servizo que non ten unha depuración irreal".
O Grupo nacionalista denunciou este mercores que o luns da semana que ven a maioría de goberno aprobará un incremento deste imposto, que suporá que os veciños de Barbadás aporten 225.760 euros ás arcas municipais, cando o servizo lle costa ao Concello 180.000 euros. Segundo Xosé Manuel Fírvida, o recibo por este concepto cústalle a unha familia de Ourense 11,45 euros, mentras que a esa familia en Barbadás suponlle un desembolso mensual de 25,44 euros. Os nacionalistas denunciaron que "o Concello de Barbadás non pode facer negocio con un servizo que nin siquera presta".

O BNG convocou aos veciños a unha asamblea informativa que se celebrará ao respecto este xoves ás oito da tarde na Casa da Cultura de A Valenzá, e na que se lles dará conta de outras subas previstas polo equipo de Freire Couto, xa que a de verquidos e saneamento non vai ser a única.
Así, segundo Xosé Manuel Fírvida, tamén se van a implantar outras tasas ata agora inexistentes, de xeito que no 2008 o Concello de Barbadás cobraralle aos veciños pola expedición de documentos administrativos precisos para calquera xestión tanto municipal coma extramunicipal. Así, segundo o portavoz nacionalistas, os certificados de empadroamento no censo de poboación pasan a custar 3 euros, as modificación nas follas de empadroamento 1 euro, os certficados de acordos municipais 2 euros, as compulsas outro tanto, e a consulta de documentación planimétrica que ata agora non custaba nada, pasa a custar 6 euros.

Volver atras
Imprimir Página
 
  Depuradora de Ourense en Reza, onde verte tamén Barbadás
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital