Home  
 
 
 
 

Alfredo Suárez Canal, conselleiro de Medio Rural

 
  Como queira que os tempos cambian moi á présa, ainda que os metodos da maioría dos incendiarios sigan sendo os de sempre, a Consellería de Suárez Canal quere estar a última e sacou a concurso o deseño do que chama "vehículo de posto de mando avanzado".
Poidera ser un enxeño de eses desde os que o comandantes en xefe das as instruccións a pé de lume. Eso sí, ten aire acodicionado "con bomba de frío e calor", que por algo é "posto de mando" e non de tropa.
 
 
Medio Rural quere un "posto de mando avanzado" nos incendios con toldo e aire acondicionado
19 de NOVEMBRO de 2007: OURENSE DIXITAL
   

A Consellería de Medio Rural acaba de sacar a concurso a "adaptación dun vehículo de posto de mando avanzado" -así o chama-, que coordinará os operativos de intervención tanto aéreos coma terrestres das labouras de extinción de incendios forestais. O departamento de Suárez Canal quere un trebello de última xeneración, e quéreo xa, en tres meses -por eso a adxucación se fai polo procedemento de urxencia-. O invento custará 176,443 euros é decir, casi 30 millóns das vellas pesetas.

Semellante enxeño deseñado para "a coordinación e xestión dos operativos de intervención sobre o terreo", terá de todo a tales efectos, e será un vehículo que se dividirá en cabina de condución e espazo de carga. Á súa vez, o espazo de carga dividirase en dúas áreas, unha de traballo e outra de carga. Dí nas bases que ao distribuir os espazos de carga, "se terá especial coidado en que o vehículo non quede desequilibrado polos equipos instalados na parte posterior", que non vaia a ser que con tanta tecnoloxía nos esquezamos do básico. Tamén haberá que habilitar un toldo exterior retráctil de 3 por 2 metros, ao respecto do cal se especifica cláramente que non será posible botarse a andar co trebello sin que o toldo esté recollido.

A chamada área de traballo e pura enxeñería rodante: 2 equipos informáticos de operador compatibles PC; 2 monitores de 19 pulgadas táctiles; 2 paneis frontais con conectividade de 4 portos USB e lector multitarxeta en cada un deles; 2 unidades de gravación DVD; 2 equipos de radio mobilófonos de banda terrestre e outros 2 en banda aérea; un repetidor de comunicacións na banda VHF media con posibilidade de programar ata 100 canais; fax, escáner, fotocopiadora...
Entre outros moitos das avances das chamadas "novas tecnoloxías", tamén disporá de aire acondicionado "con bomba de frío e calor na área de traballo".
Para esa outra área de traballo que se poidera crear ao exterior ao desplegar o toldo, o vehículo tamén deberá dispor dun monitor externo de polo menos 40 pulgadas, polo que poder visualizar calquera dos tres equipos de operador ou dun dos equipos fixos co do terceiro simultaneamente.

O pliego de condicións, un documento de 11 páxinas, está plagado de consideracións técnicas, o que fai pensar nun trebello sofisticado e atacado de tecnoloxía de última xeneración. Ao frente do que, haberá que supor, a Consellería de Medio Rural porá ao seu persoal máis cualificado.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital