Home
 
 
 
 
  Os once concellos que conforman a comarca natural de A Limia son "Zona de Especial Interese Agrario. Esto "aos efectos da Lei de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galiza, o solo rústico de protección agropecuaria".
Así o acordou o Consello da Xunta deste xoves a proposta da Consellería de Medio Rural.
Nestas zona, ao igual que outras catro mías de Galicia coa mesma denominación, o Banco de Terras vai constituír un instrumento fundamental para impulsar o medio rural, sinala o departamento de Suárez Canal.
 
Noticias Relacionadas
  Fixados tamén os prezos tipo para a cesión de predios rústicos do Banco de Terras de Galiza
 
 
 
A Xunta declara A Limia "Zona de Especial Interese Agrario"
26 de OCTUBRE de 2007: OURENSE DIXITAL

O Consello da Xunta deste xoves, dacordo coa correspondente proposta da Consellería de Medio Rural, declarou de especial interese agrario, aos efectos da Lei de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galiza, o solo rústico de protección agropecuaria situado no ámbito territorial das comarcas de Ordes, Terra Cha, A Limia, O Deza e o Baixo Miño.
Segundo sinala Medio Rural, "ao igual que no resto de Galiza, pero dun xeito moi especial nestas Zonas de Especial Interese Agrario, o Banco de Terras vai constituír un instrumento fundamental para impulsar o medio rural, favorecendo a mobilidade das terras que se atopan improdutivas, evitando o seu abandono e a perda de superficie agraria útil".
A ampliación da base territorial das explotacións permitirá unha menor dependencia de pastos e forraxes externos, así como a posible diversificación de cultivos, ao aumentar a capacidade produtiva das explotacións e a posibilidade de apertura a novos mercados para a comercialización dos produtos agrarios.

Segundo o departamento de Suárez Canal, para acadar este obxectivo a Xunta de Galicia procede á declaración destas zonas de especial interese agrario, ata acadar de xeito progresivo a práctica totalidade da superficie agraria do territorio galego.
O procedemento tivo dúas fases: logo dunha primeira análise do territorio, determináronse unhas zonas caracterizadas pola súa alta produtividade agrícola e gandeira posta de manifesto pola existencia de explotacións que o avalan ou polas propias características e potencialidade dos terreos ou zonas nas que se enclavan.
Deste xeito, dun total de cinco zonas en toda Galicia, declárase de especial interese agrario na provincia de Ourense o solo rústico de protección agropecuaria situado da Comarca de A Limia, que abrangue aos concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia. E decir, a totalidade dos concellos da comarca natural limiá.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital