Home  
 
 
 
 

Laura Seara Sobrado

 
   "É mentira que se produxera unha reducción no número de camas do CHOU. Non se pecharon 100 camas no Santa María Nai como están a dicir os señores e señoras do Partido Popular. Pecháronse 84 camas quirúxicas na área médica e de psiquiatría, que quedan compensadas coa apertura de 88 camas gracias á ampliación do edificio xeral", sinala contrariada a socialista Laura Seara pola que califica "cara dura" do Partido Popular
 
 
Laura Seara critica a "cara dura" do PP e nega que se pecharan 100 camas no Santa María Nai  
2 de OUTUBRO de 2007: OURENSE DIXITAL

A parlamentaria socialista, Laura Seara Sobrado, nega rotundamente as declaracións feitas polo Partido Popular nas que se denunciaba a reducción de camas no CHOU. Seara dí estar farta de ter que contestar as mentiras vertidas polo Partido Popular pero "non podemos permitir que enganen aos cidadáns, alguén lles ten que dicir á verdade".

 "É mentira-explica a parlamentaria socialista- que se produxera unha reducción no número de camas do CHOU. Non se pecharon 100 camas no Santa María Nai como están a dicir os señores e señoras do Partido Popular. Pecháronse 84 camas quirúxicas na área médica e de psiquiatría, que quedan compensadas coa apertura de 88 camas gracias á ampliación do edificio xeral", sinala a parlamentaria socialista correxindo o dito por o Partido Popular.
Os socialsitas argumentan que "o novo edificio ten unha potencialidae que debemos aproveitar. O Partido Popular que agora só se adica a criticar e a dicir a todo que non, é o único culpable das deficiencias estructurais e da escasa planificación asisitencial existente na sanidade ourensana".

"Os populares -insiste Seara-critican por criticar, sen datos na man, sen argumentos co único fin de confundir aos cidadáns e conseguir votos fácilmente".
Segundo Laura Seara, socialistas teñen que arranxar os errores do Partido Popular. "Sería un grave erro dotar a Ourense dun só acelerador de electrons o que obrigaría a seguir enviando pacientes oncolóxicos a Vigo. Gracias á actual conselleira de Sanidade a cidade contará con dous aceleradores", sinala a parlamentaria socialista.
Seara pergúntase "Como alguén que deixou unha débeda de 25 millóns de euros no Complexo Hospitalario, e unha lista de espera máis do doble do actual, pode criticar os avances que está a sufrir a sanidade na provincia de Ourense e crear un debate estéril sobre unha situación heredada da mala xestión do seu propio partido".

O PSdeG-PSOE lembra ao Partido Popular que nestes momentos estanse contruíndo os Centros de Saúde de Toén, A Merca, Entrimo, Villamarí e, están en trámites dous novos centros para Ourense, para Carballiño, Ribadavia, Vilar de Santos, Paderne de Allariz, Pontedeva e Vilariño de Conso.

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital