Vilar de Santos organiza un curso de Atención Domiciliaria a dependentes para dez persoas
 
O Concello de Vilar de Santos anuncia un Curso de Atención Domiciliaria para persoas dependentes dun total de 35 horas teóricas e prácticas. Será para 10 persoas, e a súa finalidade é achegar os coidados ás persoas dependentes, e conta coa colaboración do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
 
 
 
 
20 de ABRIL de 2013: LIMIA DIXITAL

O Concello de Vilar de Santos organiza un Curso de Atención Domiciliaria para persoas dependentes, cun total de 35 horas, teóricas e prácticas a realizar no Programa de Axuda no Fogar do Concello e tamén no Centro de Día de Vilar de Santos. Contempla unha atención individualizada de cada alumno. Participan 10 persoas. O curso planificouse en colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, segundo ven de informar o Concello que preside como alcalde Xan Jardón.

A finalidade do curso é realizar un achegamento aos coidados para as persoas dependentes destinado a coidadores non formais ou a persoas susceptibles de selo, ou tamén para aquelas persoas que queren orientar o seu futuro como unha posible saída laboral. Se pretende ofrecer formación básica na atención a persoas maiores en domicilios e institucións, para que posteriormente aquelas persoas interesadas, poidan realizar os cursos homologados que outorgan o certificado de profesionalidade para poder exercer dita profesión como saída profesional.

No curso, estudaranse diversas temáticas, a desenvolver polos diferentes profesionais do Concello e mais do Centro de Día de Vilar de Santos. Entre os contidos a tratar destacan o funcionamento do Servizo de Axuda no Fogar, a vellez, a dependencia, a autonomía persoal, as habilidades sociais, as demencias e a enfermidade do alzheimer, os coidadores, o aseo persoal e hixiene, as mobilizacións, o tratamento de patoloxías e xerontoximnasia e a nutrición e a alimentación.
Esta actividade formativa enmarcase no Plan de Igualdade e Benestar posto en marcha polo Concello.
Asemade, dentro das actividades previstas, ao longo do ano continuará a oferta formativa e divulgativa con charlas, conferencias e ponencias acerca de temas de especial interese relacionados cos servizos sociais.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright ALTERNATIVA DE CONTENIDOS DIGITALES
 
 
     
   
  Xan Jardón  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
publicidad