Rematadas as obras do novo centro de transformación, garántese o subministro eléctrico ao Parque de Vilar de Santos
 
O Parque Empresarial de Vilar de Santos dispón xa dun novo centro de transformación que garante o subministro de enerxía nas debidas condicións. Redúcense os custes de instalación e abastecemento as empresas xa instaladas e as que vaian chegar de novo. O Concello da conta de que están vendidos os 4.000 metros cadrados da primeira ampliación de solo industrial, e quedan agora outros 37.000 de "inmediata" dispoñibiliade.
 
 
 
 
 
29 de DICIEMBRE de 2012: LIMIA DIXITAL

O Concello de Vilar de Santos ven de rematar as obras de subministro ao Parque Empresarial de Santa Marta, neste concello, coa instalación dun novo centro de transformación. Obra que supón un investimento de 51.948 euros e que contou coa financión do 90% do seu importe pola xunta de Galicia a través da Consellería de Economía. Ao Concello de vilar de santos correspondeu o 10% restantes e decir, case 5.200 euros.

As obras agora rematadas consistiron na instalación dun transformador de 630 KVAs e a corresponde liña de Media Tensión para a electrificación da ampliación de Parque Empresarial, ademais das obras menores que complementan a mellora das instalacións e infraestruturas do Parque de Santa Marta. Ao tempo, segundo sinala o Concello de Vilar de Santos, redúcense os custes de instalación e de abastecemento para as empresas radicadas neste Parque, mellorándose a eficiencia enerxética.
Os traballos levounos a cabo a empresa Cobra, Instalaciones y Servicios, á que no seu día se lle adxudicou o proxecto.

O solo da primeira ampliación do Parque xa está todo vendido

O Concello que dirixe como alcalde Xan Jardón destaca que "este novo proxecto consolida as bases para que as empresas teñan en Vilar de Santos un espazo atractivo para investir, e súmase a venda hai uns meses dun primeiro lote de 4.000 metros cadrados de solo industrial de ampliación". O metro cadrado vendeuse finalmente a 20 euros, e a totalidade de solo está agora mesmo vendido.

O Concello de Vilar de Santos recorda tamén que ten en marcha unha liña de incentivos e medidas coas que pretende facilitar a instalación de novas empresas, modificando a Ordenanza fiscal do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras, o ICIO, e establecendo dende os mes de maio pasado unha bonificación do 80% do imposto para aqueles proxectos que acaden a declaración de especial interese municipal por crear ou/e fomentar o emprego.

A día de hoxe restan no Parque Empresarial de Santa Marta 37.000 metros cadrados máis de solo industrial, que anuncia o Concello que serán de dispoñibilidade "inmediata". Na actualidade, o Parque de Vilar de Santos dispón dunha superficie de 225.000 metros cadrados, e conta xa con 20 empresas asentadas nel.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright ALTERNATIVA DE CONTENIDOS DIGITALES
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Vilar de Santos acometerá en octubre un nuevo centro de transformación para su Parque Empresarial  
  Vilar de Santos rebaja hasta un 80% los impuestos a las empresas que se ubiquen en su Parque Empresarial  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO