Vilar de Santos pon en marcha a campaña "Un lugar para vivir" coa que quere captar novos veciños para o concello
 
Con un Concello "totalmente solvente", sinala o seu alcalde, Vilar de Santos capta novos veciños a través da campaña "un lugar para vivir". Pode que non moi ocurrente, recoñeceu o seu alcalde, pero "Vilar de Santos é un un bo lugar para vivir". Parque Empresarial emerxente sen un só ERE nin unha empresa pechada; dotacións e servizos en aumento, e un Concello totalmente saneado e que é capaz de investir tanto en obra e servizos como gasta en persoal. Algo para moitas outras institucións inalcanzable.
 
 
 
 
 
22 de DICIEMBRE de 2012: LIMIA DIXITAL

Vilar de Santos é "un lugar para vivir". Así o plantexa o Concello que dirixe como alcalde o nacionalista Xoan Jardón. "Vilar de Santos, un lugar para vivir" é o eslogan dunha campaña posta en marcha por este Concello e presentada este venres polo alcalde e o tenente de alcalde, Aldo Fernández Jardón, para buscar o asentamento poboacional neste concello de A Limia.
Búscanse novos veciños, pero tamén novos negocios e novas empresas.

"Vilar de Santos constitúe un bo exemplo de concello dinámico, onde o desenvolvemento industrial e económico convive coa conservación da natureza e das tradicións máis arraigadas, e no que durante décadas apostouse polo aproveitamento e posta en valor dos recursos e das capacidades locais", explicou o alcalde, Xoán Xosé Jardón Pedras.
O rexedor municipal destacou que Vilar de Santos conta para elo con catro activos: o seu Parque Empresarial, políticas en materia de Vivenda, os sevicios cos que conta o concello e a solvencia da institución municipal.

O Parque Empresarial de Vilar de Santos desenvolve actualmente políticas enfocadas a captación de novas empresas, tanto de A Limia como de fora, como poden sustancias rebaixas nas taxas e impostos de índole municipal a aquelas que se instalen en solo deste concello.
Na actualidade conta con 20 empresas e uns 120 ou 130 traballadores, "non ten tido EREs nen pechou ningunha empresa", destacou o alcalde.

En materia de Vivenda, "Vilar de Santos ten o recoñecemento de Área de Rehabilitación Integral, ARI, e a conseguinte sinatura dun convenio con Fomento e a Xunta que marcou un fito na historia do noso conceello", sinalou o alcalde.
Está aberta unha primeira liña de axudas económicas que poden acadar ata o 75% do orzamento para accións de rehabilitación, sen exceder os 11.600 euros.
O concello conta con infraestruturas, servizos e equipamento "de calidade para todos", sinalou o alcalde: novo centro de saúde, centro de día e vivenda comunitaria, e Xoán Jardón anunciou xa a posibilidade de poñer en marcha de cara o verán, un Punto de Atención á Infancia "pensado, sobre todo, para os traballadores e traballadoras do Parque Empresarial".

Vilar de Santos consignará en 2013 tanto a investimentos como a persoal

"E a todo esto compre engadir que Vilar de Santos conta con un Concello solvente", engadiu o alcalde.
Veñen de ser aprobados os orzamentos para 2013 que só representarán unha baixada de 7.000 euros con respecto aos de 2012: 780.000 euros en 2013, por 787.000 euros os de 2012.
Vilar de Santos é dos poucos concellos desta provincia que consigna tanto para investimentos reais como para persoal, un 355 do orazamento en ambos casos.

Xoán Jardón destaca ao respecto da boa saúde do Concello que dirixe, que "Vilar de Santos non precisou acollerse a ningún Plan de Axuste". O Concello pechou as contas de 2011 cun aforro de 74.000 euros e un Remanente de Tesourería doutro tanto, 74.000 euros.
Sen chegar a presumir, Xoán Jardón non oculta que "de momento, Vilar de Santos conta con un Concello moi solvente".

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright ALTERNATIVA DE CONTENIDOS DIGITALES
 
 
     
   
     
   
  Área de Recuperación Integral de Vilar de Santos  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 22, JUEVES
 
PSOE y BNG valoran de muy distinta forma el anuncio de Baltar de auditar las cuentas de la Deputación
Concello de Verín y CIG alcanzan un preacuerdo para comenzar a negociar a partir de febrero
El PSOE advierte de la extinción de contratos en el Concello de Maceda con el nuevo año
Os nenos de Ourense reivindicaron este mércores os seus dereitos no Pleno Infantil do Concello
Baltar reproba que o Concello de Ourense non axude "nen siquera" co transporte á Pazolandia