Home  
 
 
 
 
  O BNG di que non entende que o PSOE se negue a asinar o Consorcio que, recorda, "respaldou en tres plenos municipais", dous no 2006 e outra vez novamente en marzo do 2007, na época na que gobernaba o PP. Ademais, o Bloque recorda que a área en cuestión non a ten en exclusiva o PSOE, "xa que a área de Igualdade, para a que se destinarían unha parte dos investimentos, está xestionada polo BNG na cidade". A isto habería que engadirlle que tanto os socialistas coma os nacionalistas incluían estas dotacións en materia de benestar dentro dos seus programas de goberno.
 
 
O BNG lembralle ao PSOE que hasta tres veces en pleno respaldou o Consorcio, e que Igualdade a xestionan os de Sánchez Vidal
25 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Para o tenente alcalde, Alexandre Sánchez Vidal, a actitude do PSOE en Ourense é a de funcionar como ariete da Fegamp. “Ofrecereime a dialogar con todas as institucións e por suposto cos meus socios de Goberno en calquera tema”, explica Sánchez Vidal en alusión ás palabras do alcalde sinalando que non ten que dialogar co BNG sobre este tema.
Por último, o BNG recorda que o sistema de contratacións das distintas dotacións sociais foi aproaba no Consello da Xunta, no que participan socialistas e nacionalistas. Se nese momento o PSOE consideraba que eran discriminatorias ou “favorecedoras”, puntualiza o BNG que "puido ter proposto outro proceso distinto, aínda que o sistema é semellante para todas as contratacións que se fan por parte do Goberno galego".

Os nacionalistas tamén replican ao sinalado polo rexedor municipal, cando reivindicou a postestadade de que o Concello fora o principal xestor dos asuntos de Benestar e Servicios Sociais, así como que esta área lle corresponde aos socialistas. Os de Sánchez Vidal índicanlle a Francisco Rodríguez que esto non é exactamernte así, "xa que a área de Igualdade, para a que se destinarían unha parte dos investimentos, está xestionada polo BNG na cidade".

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital