Home  
 
 
 
 
  Volven a chocar os socios do Goberno do Concello de Ourense. Agora por culpa de cómo cada quén ve o asunto do Benestar Social e o Consorcio da Igualdade do Benestar. Pero no asunto tamén está a postura que están mantendo na FEGAMP os socialistas, da que a criterio de Sánchez Vidal os alcaldes de Ourense e Lugo están traballando para o seu partido en vez de para as súas cidades, o os ataques que, segundo recoñeceu o propio Sánchez Vidal, van a "liña de flotación" de Vicepresidencia.
 
 
O BNG pide ao alcalde de Ourense que actúe como tal na FEGAMP e non como home de partido, e que asine o Consorcio do Benestar
22 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O tenente de alcalde do Concello de Ourense, Alexandre Sánchez Vidal, fixo este xoves unha chamada de atención aos socios do Goberno deste Concello e, en particular, ao alcalde, ao que lle recordou que "Ourense sigue sendo a única cidade de Galicia que non está no Consorcio da Igualdade do Benestar".
E todo, segundo recordou Sánchez Vidal, despois de que o 11 de setembro pasado o propio tenente de alcalde conquerira un compromiso de inversión de Vicepresidencia da Xunta de Galicia para Ourense de 7,5 millóns de euros nos vindeiros catro anos.
Aos compromisos acordados, sinalou Sánchez Vidal, o Concello de Ourense (o propio alcalde e a concelleira de Benestar Social, segundo Sánchez Vidal) engadiu duas actuacións, o Centro Cívico e o Fogar do Transeunte. Actuación que o tenente de alcalde e o seu grupo, así como Vicepresidencia e o seu titular, Anxo Quintana, entederon coma unha "clara sinal de aceptación".
Pese a todo, insistiu Sánchez Vidal, "o documento sigue sin se asinar", e lembrou en polo menos duas ocasión que "xa fai desto seis meses".

Atacar a "liña de flotación"

Sánchez Vidal ampliou a reprimenda ao socio no Concello ata o comportamento que están mantendo na Federación Galega de Municipios e Provincias, a FEGAMP, os rexedores tanto de Ourense como de Lugo, aos que acusou de estar "permanentemente atacando a liña de flotación" do socio na Xunta ao cuestionar o modelo das políticas que desenvolve, precisamente, Vicepresidencia. Sinalou Sánchez Vidal que "ao facelo así, danan ao Goberno de coalición da Xunta, non só a un partido".
En calquera caso, Sánchez Vidal recordoulle a Francisco García que "está na FEGAM porque é o alcalde de Ourense, pero é o alcalde de Ourense porque hay un Goberno de coalición no que está o BNG".

Sánchez Vidal foi máis aló e pedíulle públicamente a Francisco Rodríguez que actúe "máis como alcalde de Ourense e menos como home do partido o dunha parte do partido", e que non traslade as cuestións partidistas a cidade a través do Concello de Ourense e do seu Goberno.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital